260px|dereita|Localización de Kotelny no subgrupo de Anzhu. Kotelni (en ruso oстров Котельный, óstrov Kotelni) é a illa principal do arquipélago ruso das Nova Siberia, no Ártico. O arquipélago forma parte do grupo das illas Anzhu, situadas a norte das costas da Sibéria Oriental, entre o mar de Laptev e o mar de Siberia Oriental. No plano administrativo está incluída na Iacutia.

Kotelni, con 11.665 km², está conectada á veciña illa Faddeievski, de 5.300 km², por unha ponte de area que foi formada ao longo dos séculos pretéritos: a Terra de Bunge, con 6.100 km². O conxunto, con 23.200 km², forma parte das 50 maiores illas da Terra. A Terra de Bunge é pouco elevada (8 m de altitude máxima) e queda periodicamente submerxida. O punto máis alto da illa é o monte Malakatyn-Tas (374 m).

A illa ten clima polar. A estación meteorolóxica da costa noroeste da illa marca unha temperatura anual media de -14,3 °C, sendo o mes máis quente xullo, con 2,5 °C, e o máis frío xaneiro con -29,8 °C. A precipitación media é de 131 mm repartidos ao longo do ano, cun lixeiro máximo en xullo e agosto. A superficie está cuberta de xeo ou tundra. Hai poboacións de raposos-árticos. Atopáronse en Kotelni esqueletos de mamut.

A illa foi descuberta no século XVIII por Ivan Liachov, mercador ruso que buscaba ósos e dentes de mamut. A veciña illa Faddeev foi descuberta por Iakov Sannikov en 1805, que na compañía de Matvei Gedenstrom explorou e cartografiou as illas entre 1808 e 1810.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Illas Anzhu Illas de Nova Siberia

Ligazóns externas anonymous, nda, aerial photograph of Kotelny/Faddeyevsky Island. anonymous, ndb, aerial photographs of New Siberian Islands. Locations

Kotelni Kotelni