Rosa Enríquez Noya, nada na Rúa o 4 de xaneiro de 1969, é unha escritora galega.

Traxectoria dereita|miniatura|Helena Villar Janeiro, Marta Dacosta, Rosa Enríquez e Yolanda Castaño no congreso Nós tamén navegar. 40 anos de poesía galega, no Pazo da Cultura de Pontevedra. Licenciada en Filoloxía Hispánica, exerce como profesora de francés no IES Macías o Namorado de Padrón.

Colabora habitualmente nas revistas literarias Dorna, Xistral, A Casa da Gramática, Leña Verde, A Xanela e Ólisbos, na revista dixital de pensamento nacionalista Terra e Tempo, no portal independentista galego Galiza Livre, no xornal Novas da Galiza e como columnista do xornal La Región. Ten participado en exposicións colectivas de arte -"Icónos" (2006) e "Artnatura" (2007)-, en publicacións adicadas ós poetas María Mariño e Uxío Novoneyra, e na performance Palabra en movemento (2008) baseada toda ela na súa obra Vestíbulo da devastación.

Obras Poesía Raizame vexetal, 2007 (1º Accesit do Premio I Conde de Gondomar, Editorial Alvarellos). Vestíbulo da devastación, 2007 (Espiral Maior). Desobediencia, 2011 (A porta verde do sétimo andar - Cadernos de Q de Vian). Atlas de Chaguán, 2012 (A porta verde do sétimo andar - Cadernos de Q de Vian). Espectros, 2014 (O Figurante Edicións). Historia do meu corpo en labaradas, 2015 (Neopàtria).

Narrativa Unicrom, 2009 (Sotelo Blanco - Colección Medusa).

Obras colectivas Nas aforas, 2006 (Concello de Outes). Letras novas, 2008, (Asociación de Escritores en Lingua Galega). Sétimo Andar, Poesía Alén, 2010 (Nova Galicia Edicións, baixo licenza Creative Commons - Volume colectivo). Pegadas, 2011 (A porta verde do sétimo andar). Vivir un soño repetido. Homenaxe a Lois Pereiro, 2011 (AELG, libro electrónico). A cidade na poesía galega do século XXI, 2012 (Toxosoutos). Sétimo andar, 2012 (A porta verde do sétimo andar - Cadernos de Q de Vian). Novas de poesía. 17 poetas, 2013 (Fundación Uxío Novoneyra). Sete, 2013 (A porta verde do sétimo andar - Cadernos de Q de Vian). 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico). 6 poemas 6. Homenaxe a Federico García Lorca, 2015, Biblos Clube de Lectores. Poesía. Dez anos na Porta, 2015, A porta verde do sétimo andar. Poesía. Aldeas sen voz, 2016, Editorial Canela. Antonio Fernández Morales, autor berciano. Bicentenario do seu nacemento (1817-2017) (Edicións Fervenza, 2017).

Premios Premio Francisco Añón de Poesía do Concello de Outes no 2005, por Nas aforas. Primeiro accésit do Premio I Conde de Gondomar no 2007, por Raizame vexetal.

Véxase tamén Ligazóns externas Valdeorosa, blog de Rosa Enríquez Perfil en As escollas electivas

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados na Rúa Categoría:Nados en 1969