O 14 de decembro é o 348º día do ano do calendario gregoriano e o 349º nos anos bisestos. Quedan 17 días para finalizar o ano.

Acontecementos 1113 - Pedro Froilaz de Trava cede o Mosteiro de Xuvia á orde de Cluny. 1782 - en Francia, os irmáns Montgolfier conseguiron un lanzamento ao aire libre dunha bolsa de seda de 18 m³, que alcanzou unha altitude de 250 m. 1788 - O rei Carlos IV sobe ao trono de España á morte do seu pai, Carlos III. 1852 - Federico Roncali Ceruti, conde de Alcoy, nomeado presidente do Consello de Ministros. 1911 - O explorador noruegués Roald Amundsen chega ao polo Sur. 1920 - Reino Unido: a Cámara dos Lores aproba a división de Irlanda en dous territorios autónomos, o norte protestante e o sur católico. 1920 - Arxentina: o goberno retírase da Sociedade de Nacións. 1921 - Alemaña solicita un aprazamento nos pagos das reparacións de guerra aos aliados. 1927 - Primeiro voo comercial da compañía Iberia que parte do aeródromo de Carabanchel con destino a Barcelona. 1930 - Fusilados os capitáns Galán e García Hernández, responsábeis da sublevación de Jaca. 1939 - A URSS é expulsada da Sociedade de Nacións pola súa agresión a Finlandia. 1942 - Segunda guerra mundial: Rommel obrigado a retirarse de El Aghelia, no norte de África. 1942 - Apróbase en España a lei do Seguro Obrigatorio de Enfermidade. 1944 - Segunda guerra mundial: ataques aéreos aliados sobre Rangún e Bangkok. 1948 - Golpe de estado no Salvador contra o xeneral Salvador Castaneda Castro. 1950 - Creación do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados (ACNUR). 1955 - ONU: ingresan 15 novos países, entre eles España. 1962 - A sonda estadounidense Mariner 2 achégase a 33 000 km. de Venus, logo de percorrer 300 millóns de kms. 1979 - Forzas iraquís invaden territorio iraniano. 1982 - Gerardo Iglesias elixido Secretario Xeral do PCE en substitución de Santiago Carrillo. 1988 - Os sindicatos UGT e CC.OO. convocan unha folga xeral en España, a primeira da democracia, que foi secundada masivamente. 1989 - Patricio Aylwin Azócar elixido presidente despois de 17 anos de ditadura en Chile. 1995 - Sinatura dos acordos de Dayton en París. 2004 - Inaugúrase o Viaduto de Millau, o máis alto do mundo, en Francia. 2008 - O xornalista iraquí Muntadhar al-Zaidi lanzoulle un zapato ao presidente dos EUA George W. Bush nunha conferencia de prensa en Bagdad. 2013 - A misión espacial chinesa Chang'e 3 logrou o aluaxe no satélite da Terra.

Nacementos miniatura|150px|dereita|Nostradamus. 200 - Emperador Ōjin, 15° emperador do Xapón. 1503 - Michel de Notredame, Nostradamus, alquimista, místico, doutor, astrólogo e escritor francés. 1546 - Tycho Brahe, astrónomo dinamarqués. 1727 - François-Hubert Drouais, pintor francés. 1739 - Pierre Samuel du Pont de Nemours, empresario e economista francés. 1775 - Thomas Cochrane, político e aventureiro naval británico. 1802 - Carlos Martínez de Irujo y McKean, diplomático e político español, duque de Soutomaior. 1831 - Arsenio Martínez Campos, militar e político español. 1840 - Viktor Madarász, pintor romántico húngaro 1846 - Joaquín Costa, político, sociólogo e polígrafo español. 1853 - Errico Malatesta, teórico do anarquismo (m. 1932). 1853 - Salvador Díaz Mirón, poeta mexicano. 1888 - Alejandro Otero Fernández, médico e político socialista galego (m. 1953). 1895 - Xurxo VI, rei de Gran Bretaña. 1895 - Paul Éluard, poeta francés. 1895 - Xosé Rodríguez Carballeira, "Pepito Arriola", músico galego (m. 1954). miniatura|150px|Olimpia Valencia. 1898 - Olimpia Valencia, primeira médica galega. 1909 - Edward Lawrie Tatum, xenetista estadounidense, premio Nobel de Medicina en 1958 (m. 1975) 1911 - Hans-Joachim Pabst von Ohain, inventor alemán. 1914 - Karl Carstens, político e avogado alemán. 1916 - José María García Escudero, historiador español. 1922 - Nicolay Gennadiyevich Basov, físico soviético, Premio Nobel de Física en 1964 (m. 2001) 1935 - Lee Remick, actriz estadounidense. 1938 - Leonardo Boff, teólogo da Teoloxía da Liberación. 1942 - Juan Diego, actor español. 1947 - Dilma Rousseff, presidenta do Brasil. 1950 - José Bono, político español. 1951 - Jan Timman, xadrecista holandés. 1959 - Manuel Bragado, pedagogo editor galego. 1963 - Serguei Bubka, atleta ucraíno. 1966 - Lucrecia Martel, directora de cine arxentina. 1970 - Anna Maria Jopek, cantante polaca. 1979 - Michael Owen, futbolista de Inglaterra. 1989 - Andrea Porto Mato, poeta galega.

Mortes miniatura|150px|dereita|Teixeira de Pascoaes. 1591 - San Juan de la Cruz, poeta místico español, santo católico. 1788 - Carlos III de España. 1799 - George Washington, primeiro presidente de Estados Unidos 1810 - José de Córdoba y Rojas, militar español. 1836 - Francisco Espoz y Mina, militar español. 1844 - Melchor Múzquiz, presidente mexicano. 1873 - Louis Rodolphe Agassiz, naturalista estadounidense. 1909 - Leopoldo II de Bélxica, rei de Bélxica (1865–1909). 1911 - Alfredo García Dóriga, xornalista e escritor galego (n. 1849). 1943 - John Harvey Kellogg, nutricionista estadounidense. 1947 - Stanley Baldwin, político británico. 1952 - Teixeira de Pascoaes, poeta e escritor portugués (n. 1877). 1962 - Alfredo Kindelán, militar español. 1978 - Salvador de Madariaga, escritor e diplomático galego. 1984 - Vicente Aleixandre, poeta español, premio Nobel de Literatura en 1977 1985 - Antonio Tovar, lingüista español. 1986 - Pedro Sainz Rodríguez, escritor e político español. 1988 - Vittorio Cottafavi, director de cine italiano. 1989 - Andrei Sakharov, físico soviético, premio Nobel da Paz en 1975. 1990 - Friedrich Dürrenmatt, escritor suízo. 1998 - Xosé Luís Fontenla Méndez, mestre e político galego (n. 1915). 2001 - Ardito Desio, xeólogo e xeógrafo italiano. 2001 - W. G. Sebald, escritor alemán. 2003 - Jeanne Crain, actriz estadounidense.

Festas e celebracións Día Nacional da Persoa Obesa (España)

Santoral San Xoán da Cruz.

Outros

Os 366 días do ano Notas

Categoría:Decembro