miniatura|left|Comercio de artigos de coiro en Abéché, Chad. A economía do Chad aínda depende da agricultura de subsistencia, pero hai perspectivas coa explotación do petróleo. As primeiras reservas comezaron a ser exploradas en outubro de 2003 O país posúe abundantes xacementos, principalmente na conca de Doba. Un oleoduto transporta o petróleo ata beiras do océano Atlántico, no Camerún.

O país tamén posúe uranio, aínda que non é explotado.

Na rexión tropical do sur prodúcese algodón que é industrializado no país, e ten potencial para outros tipos de cultivos tamén. Outros cultivos importantes no país son o sorgo, arroz, patacas, mandioca. Outras industrias importantes son a industria téxtil e o envasado de carnes.

O Índice de Desenvolvemento Humano da ONU coloca o país como o 5º máis pobre do mundo, xa que o 80% da súa poboación vive debaixo do limiar de pobreza.

As exportacións de algodón, gando e goma arábiga son as máis importantes fontes de ingresos externos despois do petróleo. Tamén o diñeiro enviado por traballadores no exterior é unha importante fonte de ingresos. Ademais o país é dependente de axuda estranxeira e capital externo para os investimentos públicos e privados.

Recentemente a economía foi afectada polo alto custo de repatriar persoas que fuxiron da violencia no Sudán do Sur e na República Centroafricana. Os principais obstáculos aos investimentos son as infraestruturas limitadas, poucos traballadores cualificados, excesiva burocracia e corrupción.

O principal socio comercial de Chad é a Unión Europea.

Notas

Chad Categoría:Chad