Samoedo é unha vila da parroquia de Sada no concello coruñés de Sada, na comarca da Coruña. Segundo o INE, en 2025 tiña 526 habitantes (259 homes e 267 mulleres), o que supón un aumento en relación a 2011, cando tiña 505 habitantes, sendo o terceiro maior núcleo de poboación da parroquia.
Características
Limita coa vila de Sada e o lugar do Tarabelo dentro da propia parroquia; cos lugares de Seixeda e O Castro de Samoedo na parroquia de San Xián de Osedo; e coas parroquias de San Xián de Lubre e San Xián de Ouces, no concello de Bergondo.
Abrangue varias entidades menores de poboación de distinta denominación: Agra de Samoedo, As Lixelas, Samoedo, As Corredoiras, Os Carbosos, Cambade, Monte do Sabio etc.
Destacou tradicionalmente pola súa produción vitícola, presumiblemente ligada ao mosteiro de Sobrado, se ben hoxe decreceu case ata a desaparición. Porén, non deixa de ser unha área eminentemente agraria, aínda que tamén residencial.
Conserva mostras significativas da súa arquitectura popular, especialmente hórreos e algunha vivenda de interese.
Lugares e parroquias Lugares de Sada
Parroquias de Sada
Notas
Categoría:Lugares de Sada