A Fundación Europea de Educación Ambiental (FEE) é unha organización privada. No ano 1982 creou un logotipo e unha bandeira, a Bandeira Azul de Europa, para premiar ás praias e portos deportivos de maior calidade ambiental. Cada ano, un xurado europeo valora as candidaturas presentadas polos concellos costeiros europeos e concede bandeiras azuis aos que cumpren unha serie de requisitos que son: Calidade da auga baseada nas análises oficiais. Seguridade, segundo a presenza de salvamento e socorrismo e teléfonos de urxencia. Existencia de servizos, papeleiras, vixilancia, posibilidade de acceso por transporte público, limpeza periódica. Accións de formación ambiental e información ao usuario. Véxase tamén Ligazóns externas https://www.fee.global/

Categoría:Asociacións Categoría:Fundacións