Emilio Araúxo Iglesias, nado en Coles en 1946, é un filósofo, escritor, etnógrafo, editor e tradutor galego.

Traxectoria Nado nunha familia de comerciantes e cregos. Estudou o bacharelato en Vigo. Licenciado en Filosofía, estudou nas universidades de Universidade de Santiago, Madrid e París. Foi profesor de Filosofía no ensino medio en Lalín, lugar tamén de residencia. En 1995 fundou a editora Noitarenga. En 2001 fundou unha nova editora, Amastra-N-Gallar.

No concello de Parada de Sil organizou o seu Poemuseo, un espazo etnográfico onde cada peza viva vai acompañada por un poema.

Obras Poesía Cinsa do vento: libro da Ribeira Sacra (1996). Santiago: Noitarenga. Pois (1998). Santiago: Noitarenga As chairas da letra (1998). Santiago: Noitarenga Seica si (2017). Santiago: Chan da Pólvora. Libro da Ribeira Sacra (cinsa de vento) (2019). Santiago: Chan da Pólvora. ISBN 9788494856594. Xa é día grande (2025). Santiago: Chan da Pólvora.

Narrativa Tempos serodios (1996). Vigo: Edicións do Cumio. A roupa gastabámola escura (2015). Noia: Toxosoutos. Mal mor (2018). Axóuxere Ceo cerca da terra (cara a Requeixo de Queixa) (2019). Noia: Toxosoutos. 367 páxs. ISBN 978-84-948966-9-9. Había vontade e repartíase co Señor Afranio (2022). Noia: Toxosoutos. 130 páxs. ISBN 978-84-125915-2-1. Ensaio Sombra respirada dunha reliquia (barquilleiros) (2012) Amastra-N-Gallar. Balbina (2015). Noia: Toxosoutos. Chancras (2017). Noia: Toxosoutos. Xúntase toda a terra (O Entroido en Barcia e Vilaverde) (2020). Noia: Toxosoutos. 365 páxs. O filósofo do arado (Varela Buxán) (2021). Noia: Toxosoutos. 132 páxs. ISBN 978-84-123409-4-5. A ola (2023). Noia: Toxosoutos. 434 páxs. ISBN 978-84-126701-8-9. Vai quedar a serra soa (Mormentelos) (2024). Noia: Toxosoutos. 366 páxs. ISBN 978-84-127489-9-4. A cara da serra (do lado d’As Forcadas) (2026). Noia: Toxosoutos. 354 páxs. ISBN 979-13-991192-7-5.

Como editor Do lado dos ollos. Arredor da poesía, entrevistas con 79 poetas do mundo (2002). Vigo: Edicións do Cumio.

Como tradutor Rapsodia polo teatro: breve tratado filosófico, de Alain Badiou. En colaboración con Luis Martul. (Sotelo Blanco, 1994). Fixo tamén a tradución en castelán: Rapsodia por el teatro: (breve tratado filosófico) (Ed. Ágora, 1993). Arredor da cuestión nacional, de Alain Badiou. En colaboración con Luis Martul. (Noitarenga, 1995). A ética: ensaio sobra a conciencia do mal, de Alain Badiou. En colaboración con Luis Martul. (Noitarenga, 1995). Mundo contemporáneo e desexo de filosofía, de Alain Badiou. En colaboración con Luis Martul. (Noitarenga, 1995). Espectador e actor, de François Regnault. En colaboración con Luis Martul. (Noitarenga, 1995). ABNM: diálogo Alain Badiou-Natacha Michel, de Natacha Michel. En colaboración con Luis Martul. (Noitarenga, 1997). Samuel Beckett, o incansable desexo, de Alain Badiou. En colaboración con Luis Martul. (Noitarenga, 1997). Labrego coma (cinco veces), de James Sacré (Noitarenga, 1999). As naturezas indivisibles, de Claude Royet-Journoud (Noitarenga, 2000). A poesía como condición da filosofía, de Alain Badiou (Amastra-N-Gallar, 2001). A idade dos poetas, de Alain Badiou (Amastra-N-Gallar, 2002). Entón, de Florence Pazzottu (Amastra-N-Gallar, 2003). Sobre o binario psicanálise-poesía, de Joseph Attié (Amastra-N-Gallar, 2003).

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas O poeta Emilio Araúxo reescribe Beckett , artigo de Daniel Salgado en Sermos Galiza o 6 de febreiro de 2018. Emilio Araúxo: ´No es posible una enseñanza si no hay un profesor que con su voz transmita un saber´ entrevista en Faro de Vigo

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Tradutores ao galego Categoría:Editores de Galicia Categoría:Nados en Coles Categoría:Nados en 1946 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes