Federico Borrell García, nado en Alcoi (Alacant) en 1912 e finado en Cerro Murciano (Córdoba) o 5 de setembro de 1936, foi un miliciano anarquista que loitou na guerra civil española nas milicias da CNT, mundialmente coñecido por ser retratada a súa morte en combate polo fotógrafo Robert Capa na instantánea Morte dun miliciano.

Traxectoria Foi un dos fundadores da sección local das Xuventudes Libertarias na súa vila natal. Coa chegada da guerra civil, integrouse nunha milicia, falecendo en Cerro Muriano con 24 anos. O fotógrafo Robert Capa retratou o momento da súa morte na instantánea coñecida como Morte dun miliciano. Aínda que a veracidade da foto foi cuestionada, algunhas investigacións parecen demostrar que a foto é real.

A foto publicouse o 23 de setembro de 1936 na revista francesa Vu converténdose desde entón nunha das instantáneas máis míticas non xa da guerra civil española senón da fotografía de guerra.

Véxase tamén Ligazóns externas "Death of a Loyalist Soldier", fotografía de Robert Capa.

Categoría:Anarquistas de España Categoría:Nados en Alcoi Categoría:Nados en 1912 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Anarcosindicalistas