O Partido Popular de Galicia (PPdeG) é a rama galega do Partido Popular español. Após as eleccións municipais de 2019 ten 1632 concelleiros. Pertencen ó partido 10 dos 23 deputados galegos no Congreso dos Deputados. Tralas eleccións ao Parlamento galego de 2024, ten a maioría absoluta no Parlamento de Galicia, con 42 dos 75 escanos.

Ideoloxía miniatura|esquerda|175px|Manuel Fraga. O Partido Popular de Galicia é o único partido de dereitas representado no hemiciclo do parlamento galego. Historicamente ten sido de corte conservador e liberal. Cobre, así mesmo, un espectro certamente amplo, que vai dende o autoproclamado rexionalismo até o nacionalismo español. Por outra banda, o Partido Popular de Galicia actual prefire presentarse ante a sociedade coma un partido cun pasado democrático caracterizado por un talante reformista, de centro e con raíces cristiásAznar reivindica as raíces cristiás de Europa. Evolución histórica da ideoloxía do PPdeG Antecedentes ideolóxicos no ámbito estatal miniatura|esquerda|175px|Alberto Núñez Feijóo, expresidente do PPdeGO antecedente máis próximo atópase na desaparecida Alianza Popular, que fora, tras a ditadura franquista, o brazo máis potente estreitamente ligado ao goberno de Franco que entrou a formar parte da nacente democracia. Non en van, foi unha federación de partidos liderados na súa maioría por exministros franquistas: Reforma Democrática (Manuel Fraga Iribarne), Acción Rexional (Laureano López Rodó), Acción Democrática Española (Federico Silva Muñóz), Democracia Social (Licinio de la Fuente y de la Fuente), Unión del Pueblo Español (Cruz Martínez Esteruelas), Unión Social Popular (Enrique Thomas de Carranza), Unión Nacional Española (Gonzalo Fernández de la Mora) e outros. Daquela, a organización autonómica da federación non existía como tal. Xa que logo, non é posíbel falar dunha agrupación propiamente galega. Non obstante, si houbo un referente galego no partido, que foi Manuel Fraga, quen foi nomeado o seu primeiro secretario xeral. Alianza Popular declarábase como de dereita conservadora e católica cristiá. Herrero Rodríguez de Miñón comeza daquela a falar da tendencia liberal-conservadurista do seu partidoHerrero de Miñón e o liberal-conservadorismo. Ideoloxía do PPdeG na actualidade Dentro das filas do propio partido popular existe unha corrente que defende o carácter galeguista do partido. Personalidades de referencia adheridas a esta tendencia son ou foron Xosé Cuíña, Xesús PalmouXesús Palmou e a necesidade do galeguismo dentro do Partido Popular ou o propio presidente do partido, Alberto Núñez FeijóoFeijóo reivindica o galeguismo do PP, quen se autoproclama como tal, se ben en troques e sobre todo tras acadar a presidencia da Xunta, é acusado de galegofobia polos seus adversarios políticos e mais por diversas plataformas cívicas a prol da cultura e lingua galegas, e mesmo unha parte dos militantes do seu partido lle reclaman unha volta ás orixes galeguistas ou cando menos un respecto polas políticas en prol da lingua galega, como se pode apreciar en declaracións de Xosé Luís Baltar, Rafael Cuíña ou Xosé Manuel BarreiroBarreiro reivindica un xiro ao galeguismo, destacadas figuras do PPdeG. Así mesmo existe unha outra posición moito máis homoxénea cando se trata de falar do partido como dunha organización de corte social e económico de centrodereita. Así o defenden a meirande parte dos seus militantes, comezando polo expresidente estatal Mariano RajoyRajoy defende un partido moderado e de centrista ou o expresidente do goberno español José María AznarJosé María Aznar fala dun PP de centro-dereita. Non obstante, estes postulados, ao ollar dos grupos de esquerda, centro-esquerda, e mesmo centrodereita nacionalista, chocan decote con algunhas posturas tanto de ámbito estatalPrivatización masiva proposta polo PPO PP contra o matrimonio gay como europeo do Partido Popular.

Resultados electorais Eleccións ao Parlamento de Galicia AnoCandidatoRepresentantesPorcentaxeDiferenzaVotosPorcentaxeDiferenza1985Gerardo Fernández Albor(Coalición Popular: AP, PDP, PL e Centristas de Galicia)34 parlamentarios45,33%▲ 8En comparación cos resultados obtidos por AP516.21840,4%▲ 215.179En comparación cos resultados obtidos por AP1989Manuel Fraga38 parlamentarios50,66%▲ 4582.157 44,3%▲ 65.9391993Manuel Fraga43 parlamentarios57,33%▲ 5763.83952,6%▲ 181.6821997Manuel Fraga42 parlamentarios56%▼ 1832.751 52,2%▲ 68.915 2001Manuel Fraga41 parlamentarios54,66%▼ 1791.88551,6%▼ 40.8662005Manuel Fraga37 parlamentarios49,33%▼ 4756.562 44,9%▼ 35.323 2009Alberto Núñez Feijóo38 parlamentarios50,66%▲ 1789.42747,47%▲ 32.8652012Alberto Núñez Feijóo41 parlamentarios54,66%▲ 3653.934 45,7%▼ 135.4932016Alberto Núñez Feijóo41 parlamentarios54,66%= 682.150 47,56% ▲ 20.8692020Alberto Núñez Feijóo42 parlamentarios56%▲ 1627.762 47,96% ▼ 54.3882024Alfonso Rueda Valenzuela40 parlamentarios54,66%▼ 2700.49147,36%▲ 72.729

Evolución do número de escanos dende 1981

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial

Categoría:PPdeG