O mar de Bering (en ) é unha parte do océano Pacífico. Limita ao norte e ao leste con Alasca, ao oeste con Siberia en Rusia, e ao sur coa Península de Alasca e as Illas Aleutianas. O mar recibe o seu nome polo seu descubridor, o navegante danés Vitus Bering.

Características Durante a última glaciación, o nivel do mar foi o suficientemente baixo como para permitir migrar a persoas e animais de Asia a América do Norte a pé, a través de onde actualmente se sitúa o estreito de Bering, localizado na zona norte do Mar. Isto recibe comunmente o nome de "istmo de Bering" e crese que foi o primeiro punto de entrada de persoas cara ao continente americano.

Cun clima moi tormentoso e altas ondadas, a navegación é arriscada, ademais o norte do mar conxélase durante o inverno. O mar é rico en recursos pesqueiros, principalmente centolas.

Xeografía miniatura|Mar de Bering mostrando o maior dos canóns submarinos que cortan a marxe

Extensión A Organización Hidrográfica Internacional define os límites do Mar de Bering como segue:

No norte. O límite meridional do mar de Chukchi: O Círculo Polar Ártico entre Siberia e Alasca.

No sur. Unha liña que vai desde Kabuch Point () na Península de Alasca, a través das Illas Aleutianas ata os extremos sur das Illas Komandorski e ata o Cabo Kamchatka, de tal xeito que todas as augas entre Alasca e Kamchatka están incluídas no Mar de Bering.

Illas As illas do mar de Bering inclúen:

Illas Pribilof, inclúen Illa St. Paul Illas Komandorski, inclúen a Illa de Bering Illa St. Lawrence Illas Diomede Illa King Illa Saint Matthew Illa Karaginsky Illa Nunivak Illa Sledge Illa Hagemeister

Véxase tamén

Categoría:Mar de Bering