A Pinguela é un barrio da parroquia de San Vicente de Lagoa, no concello lugués de Alfoz do Castrodouro. Segundo o IGE en 2015 tiña trece habitantes (sete homes e seis mulleres), un home menos ca en 2007. Servizos

Este barrio está situado moi preto da igrexa parroquial. A escola da Pinguela funcionou até principios da década de 1990, os últimos anos como centro de educación infantil e primeiro ciclo da primaria. Logo do seu peche usouse como colexio electoral e como local social.

Lugares e parroquias Lugares de Lagoa

Parroquias de Alfoz do Castrodouro

Notas

Categoría:Lugares de Alfoz do Castrodouro