miniatura|300px|Virxe dos Consellers (Mare de Déu dels Consellers) Lluís Dalmau, poida que nado en Valencia e finado en Barcelona contra o 1460, foi un pintor gótico, é unha das figuras emblemáticas do gótico catalán que traballaría ao servizo da coroa durante o reinado de Afonso o Magnánimo.

Dalmau e o Gótico Internacional Por encargo do rei Afonso IV fixo unha viaxe a Flandres e a algunhas das provincias holandesas entre 1431 e 1436. Alí entrou en coñecemento directo coa pintura flamenga, especialmente con Jan van Eyck. Isto constituíu un acontecemento decisivo para a chegada do estilo gótico internacional a Cataluña e a introdución da técnica da pintura ao óleo. Porén no conxunto da Coroa de Aragón, desde 1438 está asentado en Valencia un discípulo directo de Jan Van Eyck, Lluís Alimbrot, a través do cal recibiría Jacomart as leccións da escola flamenga.

Obras Malfadadamente só se conservan dúas obras de Dalmau, que consten con sostén documental: o retablo da Virxe dos Consellers (Mare de Déu dels Consellers) (1443-1445), un encargo do Consell de Cent para a capela da casa do concello da cidade de Barcelona; a táboa central do Retablo de san Baudilio (Retaule de Sant Baldiri), de (1448), para a igrexa parroquial de Sant Boi de Llobregat.

Obra atribuída Tamén se atribúe a Dalmau a decoración da bóveda do nicho da tumba de Santa Ximenis de Cabrera na catedral de Barcelona. Ademais hai documentos que proban que contratou retablos para Santa María del Mar, para a capela de Sant Elm e o convento de Santa Clara en Barcelona e aínda outro máis para Mataró.

Véxase tamén Outros artigos Gótico Internacional

Categoría:Pintores da Comunidade Valenciana Categoría:Pintores do século XV Categoría:Pintores do Gótico Categoría:Nados en Valencia Categoría:Finados en 1460