Co termo autonomía podemos referirnos a:
A autonomía é un concepto da filosofía e a psicoloxía evolutiva que expresa a capacidade para darse normas a un mesmo sen influencia de presións externas ou internas. Oponse á heteronomía. A palabra autonomía úsase como sinónimo de autogoberno de núcleos ou sectores sociais. Sinónimo de autoorganización ou de autodeterminación. O autonomismo, (movementos autónomos ou autonomistas) é unha corrente política dentro do anticapitalismo nacida desde a esquerda política, e nalgúns casos parte das interpretacións dun marxismo libertario, que promove un desenvolvemento democrático e socializante do poder político, a democracia participativa, e unha constante adecuación das estratexias e tácticas ás realidades concretas de cada espazo. A Autonomía obreira é un concepto político da corrente ideolóxica chamada autonomismo. A autonomía é tamén un termo pertencente ó ámbito do Dereito. En España é unha división político-administrativa; ver Comunidades Autónomas. Ademais é a capacidade de valerse por un mesmo. Usado tanto para persoas (relacionado coa discapacidade), como para instrumentos e máquinas. No ámbito da técnica esta capacidade é o tempo que un dispositivo cunha fonte de alimentación independente pode permanecer en activo, ata o esgotamento da fonte de alimentación. Así, un dispositivo eléctrico, como unha lanterna, terá unha autonomía de horas en función da capacidade das súas baterías, e un automóbil poderá percorrer unha certa cantidade de quilómetros sen recargar en función da capacidade do seu depósito de combustible. As melloras na autonomía dos equipos pódense lograr ben incrementando a capacidade da fonte de alimentación, ben aumentando o rendemento e, por tanto, reducindo o consumo do dispositivo. Estación de Autonomía: Estación de liñas C-1 e C-2 de Renfe Cercanías Bilbao.