José Castro Suárez, nado no Carballiño o 16 de xullo de 1926, é un empresario e político galego.

Traxectoria Comeza a traballar na construción de carrocerías para autobuses nun pequeno taller no Carballiño, e en 1948 trasládase a Vilagarcía de Arousa onde funda Castrosua, dedicada á construción industrial desas carrocerías en madeira. Ocupa a dirección da empresa durante toda a súa vida.

A súa carreira política limitouse a figurar de número tres na candidatura coruñesa de Unión de Centro Democrático nas primeiras eleccións autonómicas ao Parlamento de Galicia, en 1981. Saíu elixido deputado e permaneceu no seu escano ata 1985.

Galardóns Placa de prata da vila da Pobra do Caramiñal

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia por UCD Categoría:Nados no Carballiño Categoría:Nados en 1926 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Deputados da I Lexislatura do Parlamento de Galicia