O Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia (LOMG) é un centro tecnolóxico cuxa principal actividade é dar servizo ao tecido industrial galego en materia de metroloxía e calibración. Está situado no Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole), en San Cibrao das Viñas.

Ademais de desempeñar a súa misión de centro de referencia de metroloxía e calidade dende hai máis dunha década, nos últimos anos comezou un intenso programa de desenvolvemento de proxectos de I+D+i.

O LOMG centra as súas actividades en tres grandes áreas: Metroloxía Industrial (nos seus departamentos de Temperatura e Humidade Relativa, Eléctrico, Mecánico e Dimensional). Metroloxía Legal. Investigación, Desenvolvemento e Innovación (I+D+i).

Categoría:Metroloxía Categoría:Institutos e centros de investigación de Galicia Categoría:San Cibrao das Viñas sen imaxes