O 19 de decembro é o 353º día do ano do calendario gregoriano e o 354º nos anos bisestos. Quedan 12 días para finalizar o ano.

Acontecementos 1154: Na Abadía de Westminster (Inglaterra) é coroado Henrique II. 1808 - Remata a ocupación británica en Macau, que fora iniciada o 21 de setembro deste mesmo ano. 1944 - Publícase por primeira vez o xornal Le Monde en Francia. 1946 - Ten lugar a Batalla de Cambedo entre forzas hispano-lusas e guerrilleiros antifranquistas. 1946 - Ho Chi Minh comanda o ataque ás forzas francesas no Vietnam. 1963 - Zanzíbar obtén a súa independencia como monarquía constitucional, aínda que o 26 de abril de 1964, logo do derrocamento do sultán, uniuse con Tanganika para formar o novo estado de Tanzania. 1972 - O Apollo 17 regresa á Terra. A súa cápsula caeu ó Pacífico ás 2:25 PM, non moi lonxe de Samoa, a 6,4 quilómetros do punto previsto. 1997 - A CRTVG recibe o Premio Galicia de Comunicación polo labor de difusión da imaxe de Galicia no mundo a través da súa páxina web. 2012 - A sesión do Claustro da Universidade de Santiago de Compostela suspéndese ante a irrupción de estudantes no mesmo en protesta pola mala xestión dos recortes por parte do reitorado.

Nacementos miniatura|150px|dereita|Jean Genet. 1852 - Albert Abraham Michelson, físico prusiano (m. 1931). 1868 - Josep Comas i Solà, astrónomo e divulgador científico catalán (m. 1937). 1882 - Manuel García Blanco, profesor e escritor galego (m. 1974). 1893 - José López Varela, mestre, avogado e político galego. 1906 - Leonid Brezhnev, político soviético (m.1982) 1910 - Jean Genet, poeta, novelista e dramaturgo francés (m. 1986). 1910 - José Lezama Lima, escritor cubano (m. 1976). 1911 - Ernesto Guerra da Cal, filólogo e escritor galego (m. 1994). 1915 - Édith Piaf, cantante francesa (m. 1963). 1924 - Alexandre O'Neill, poeta portugués (m. 1986). 1920 - Eduard Pons Prades, escritor de Historia Contemporánea española (m. 2007). 1942 - Iñaki Gabilondo, xornalista vasco. 1944 - Richard Leakey, paleontólogo e conservacionista queniano. 1955 - Marisa Soto, actriz galega (m. 1998). 1979 - Rebeca Baceiredo, filósofa e escritora galega. 1979 - Paola Rey, actriz colombiana.

1980 - Jake Gyllenhaal, actor estadounidense.

Mortes miniatura|125px|dereita|Emily Brontë. 1741 - Vitus Bering, mariño e explorador danés (n. 1681). 1848 - Emily Brontë, escritora británica (n. 1818). 1851 - Joseph Mallord William Turner, pintor romántico inglés (n. 1775). 1896 - Manuel Becerra Bermúdez, matemático e político galego (n. 1820). 1896 - Joaquín Becerra Armesto, militar e político galego (n. 1829). 1915 - Alois Alzheimer, neurólogo alemán que descubriu a enfermidade que leva o seu nome (m. 1864). 1921 - Vicente Pérez, político liberal ourensán (n. 1851). 1947 - Segundo Vilaboy Martínez, guerrilleiro antifranquista galego (n. 1918). 1947 - Leopoldo Basa Villadefrancos, xornalista e escritor galego (n. 1886). 1973 - José Fondevila García, sindicalista e político galego (m. 1884). 1974 - Manuel García Blanco, profesor e escritor galego (m. 1882). 1996 - Marcello Mastroianni, actor italiano (n. 1924).

2004 - Herbert C. Brown, químico estadounidense (n. 1912). 2011 - José Antonio Fernández Romero, profesor universitario e tradutor español (n. 1931).

Festas e celebracións Día das Nacións Unidas para a Cooperación Sur-Sur.

Outros

Os 366 días do ano

Categoría:Decembro