Crema de gaita é un grupo galego de música folk orixinario de Vigo, fundado no 1994. As súas composicións orixinais móvense no ámbito do folk galego, con influencia dos ritmos latinos coma o tango, o tumbao, os boleros, as habaneras ou a bossa nova. O groso do repertorio constitúeno fundamentalmente as composicións de Ernesto Campos, membro do grupo e autor de temas gravados por outros músicos como Carlos Núñez, Xosé Manuel Budiño ou Susana Seivane.
O seu primeiro traballo TanGalego está composto por 15 temas e inclúe colaboracións dos músicos Kin García, Marcos Valcárcel, Ioanna Pérez, ou a banda de gaitas Xarabal.
Membros Diego MariñoGaitas, frautasMarcos CamposGaitas, frautasXose M. López "Josele"Clarinete, saxo, gaitaCris MacíasVoz, tecladosErnesto CamposGuitarra, serrucho musicalJudith AlonsoBaixo eléctricoXosé C. Villar "Bouza"Percusións latinas e tradicionaisSuso "Feixón" AlonsoBatería, percusións
Discografía Álbums TanGalego(2007)
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial do grupo
Categoría:Grupos musicais de Vigo Categoría:Grupos musicais de folk galego Categoría:Música de Galicia sen imaxes Categoría:Participantes do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira