San Cibrao é unha parroquia do concello ourensán de Viana do Bolo. Segundo o IGE en 2009 tiña 77 habitantes (42 homes e 35 mulleres), 20 menos ca en 1999. Está situada aproximadamente a dous quilómetros da capital do concello, a carón da estrada OU-533, á beira do río Camba na altura do encoro do Vao. Toponimia O topónimo San Cibrao é un haxiotopónimo referido a Cibrán de Cartago e débese á advocación parroquial.
Economía A industria principal é a agricultura, aínda que está en bastante decadencia debido a que a xente nova emigrou, e os vellos xa non poden continuar coa actividade. En tempos tiña hortas e praderías moi fértiles, moitas delas asolagadas coas obras do encoro do Bao.
Hoxe o seu recurso principal, alén doutras actividades, é a venda de castañas. A parroquia ten soutos moi fértiles e produtivos, nos que hai castiñeiros centenarios.
Patrimonio O seu principal monumento é a igrexa románica. Formou parte dun convento da orde do Temple. Da súa primitiva fábrica só se conserva a sinxela portada occidental cuberta por un alpendre aberto.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de San Cibrao
Parroquias de Viana do Bolo
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Viana do Bolo
Categoría:Parroquias de Viana do Bolo Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Cibrao