miniatura|Morte de Alcestis (Pierre Peyron, 1785 Alcestis (ou Alcestes ou Alceste) foi un personaxe da mitoloxía grega, filla de PeliasRei de Iolco e tío de Xasón, a quen enviou a traerlle o vélaro de ouro esperando que morrese no intento. e de Anaxibia e dona de Admeto, un heroe que participara na expedición dos Argonautas.

A tradición di que Alcestis era irmá, entre outros, de Acasto, e a filla de Pelias máis fermosa e piadosa"Alcestis, divina entre as mulleres, a mellor en beleza das fillas de Pelias" (Ilíada II, 714.. Foi a única delas que non participou na morte de PeliasPelias desexaba a morte de Xasón para facerse co trono de Iolco, ó que aspiraba este. Medea, namorada de Xasón e con poderes de bruxa, convenceu ás fillas de Pelias que, se partían ó pai en anacos e o botaban a cocer, volvería remozado á vida e, cando as fillas así o fixeron, Pelias, por suposto, nunca resucitou. Alcestis negouse a derramar o sangue do pai, por moi boa que fose a causa, e foron as outras dúas fillas, Evadne e Anfínome, as que o fixeron (Diodoro Sículo: Biblioteca histórica IV, 40-52; Graves, px. 664-665)..

Pelias esixira ós pretendentes de Alcestis unha condición: que xunguiran nun mesmo carro un xabaril e un león e conducir tan estraña xugada ó redor do estadioDeste xeito, Pelias podíase permitir rexeitar ós numerosos pretendentes da filla sen medo a poñerse a mal con ninguén., algo que só puido conseguir Admeto, coa axuda do deus ApoloAgradecido con Admeto polo bo trato que lle dispensou cando o deus tivo que servir de boieiro na súa casa., polo que Pelias consentiu no matrimonio.

miniatura|esquerda|Despedida de Alcestis e Admeto xunto a dúas divindades infernais que veñen pola alma de Alcestis (ánfora de figuras vermellas procedente de Vulci, segundo debuxo de George Dennis, 1848)

Pero o día da voda, Admeto esqueceu a Ártemis á hora de facer sacrificios ós deuses e esta, irritada, decidiu vingarse provocando a morte de Admeto e, como agoiro das futuras desgrazas, encheu de serpes o tálamo nupcialAs vinganzas de Ártemis foron sonadas: por un esquecemento similar mandou contra Eneo o xabaril de Calidón para devastar as súas terras; por sentirse ofendida, esixiu que Agamenón sacrificase á súa filla Ifixenia; porque a viu bañarse espida, converteu a Acteón en cervo e acirrou ós seus cans para que o comesen.. Aínda que Apolo intentou acougar a ira da súa irmá e levantar a condena, só conseguiu que Hades aceptase outra ánima se alguén se ofrecía voluntariamente para morrer en lugar de Admeto, ademais de atrasar o momento da morte, o que permitiu á parella ter dous fillos.

Chegado por fin o día sinalado como último para a vida de Admeto, Hermes chegou ó palacio reclamándoo para levalo ó TártaroHermes actúa tradicionalmente como psicopompo, levando as almas dos mortos ata a beira do Aqueronte, onde as entregaba ó barqueiro Caronte.. Apolo acudiu en axuda do seu amigo e embriagou ás Moiras (responsables de cortar o fío da vida dos homes), conseguindo así un tempo adicional para que Admeto puidese buscar ese voluntario a morrer. Pero ninguén aceptou sacrificarse por el, nin tan sequera os seus pais, xa anciáns, que aduciron que iso non entraba entre as obrigas dos pais polos fillos e que el debía contentarse co prazo de vida que lle correspondeu.

Así ata que a esposa, Alcestis, por amor ó seu home, consentiu en morrer ela e salvar así a vida de Admeto. Deste xeito, Alcestis puido despedirse dos fillos e morrerTras beber un veleno, segundo Graves (px. 247).. Pero cadrou que Heracles, vello amigo de Admeto, apareceu na súa casa cando se estaban organizando os ritos funerariosHeracles dirixíase nese momento cara a Tracia para capturar as Eguas de Diomedes, o oitavo dos seus traballos.. Por amizade con Admeto, Heracles baixou ós Infernos e esixiu a Hades a devolución de Alcestis, que puido volver ós brazos de Admeto máis fermosa e moza que nunca; Eurípides conta que Heracles obrigou a Tánatos, personificación da Morte, a que devolvese a Alcestis, cando a estaba esperando ó pé da sepultura. Pero as tradicións máis antigas non contemplan a intervención de Heracles, senón que sería a propia Perséfone, raíña do Inframundo, a que devolvería a Alcestis á vida, conmovida pola abnegación do xesto delaPseudo-Apolodoro I, 9, 15; Grimal, s. v. Heracles (px. 253)..

miniatura|Heracles, tendo man de Cerbero, entrega a Alcestis a Admeto (catacumbas da Vía Latina, s. IV d. C.)

Fronte a estas interpretacións mitolóxicas existe unha explicación racionalista, achegada por Plutarco. O sucedido sería unha grave enfermidade de Alcestis, da que se salvou grazas ós tratamentos impostos por un médico de nome Heracles.

Alcestis, traxedia de Eurípides

A historia foi popularizada na traxedia de Eurípides, Alcestis, que converteu o mito nun modelo e exemplo de amor conxugal. Esta traxedia presentouse nas Dionisias de Atenas do ano 483 a. C., festividades en honor a Dioniso que se celebraban anualmente, no mes de marzo. Neste certame, Sófocles conseguiu o primeiro posto e Eurípides o segundo (xunto a As cretenses, Alcmeón en Psófide e Télefo, as tres traxedias perdidas).

miniatura|150px|esquerda

Alcestis é a primeira traxedia conservada de Eurípides, e os críticos discuten a que xénero atribuír a obra, se ó drama satírico (como lle correspondería ó estar representada en cuarto lugar, tras tres traxedias) ou á traxedia típica (o que sería unha excepción na organización das Dionisias). O feito de que a obra acabe ben, co reencontro feliz entre a parella, fai pensar máis na primeira posibilidade.

Sitúa a trama en Feras, cidade de Tesalia na que reina Admeto. Comeza con Apolo en persoa, situando o episodio como consecuencia do castigo de Zeus, que mata a Asclepio por resucitar un morto. Apolo, pai de Asclepio, responde matando ós ciclopes, fillos de Zeus, e este castiga a Apolo a servir durante un ano a un mortal, para o que o deus escolle a AdmetoA brandura deste castigo explícase pola intervención de Leto, nai de Apolo.. Apolo e a Morte discuten ante a casa de Admeto, e o primeiro resígnase a que a Morte se leve a Alcestis, única persoa que consentiu en morrer para salvar a AdmetoNa traxedia non se menciona o esquecemento de Admeto cara Ártemis., pois a Morte négase a marchar sen levar a alguén. Apolo acéptao pero augura que virá un home, recibido na casa de Admeto, que lle arrebatará -á Morte- a Alcestis, en referencia a HeraclesLémbrese que Apolo é deus da adiviñación, e que instaurou en Delfos o oráculo de máis sona de toda Grecia.. A Morte entra en palacio para cortar un guecho do cabelo de Alcestis, un xesto típico do ritual funerario gregoO costume era que os familiares e amigos do defunto, ademais das carpideiras, cortasen uns cabelos que se depositaban sobre a tumba. Este xesto quedou recollido en numerosos textos clásicos, como a Ilíada, as traxedias gregas ou os versos de Virxilio. No caso de Eurípides, Admeto ordena a tódolos tesalios que corten o pelo e que, quen posúa cuadrigas, tamén corte a crina dos seus cabalos (Alcestis 425-430)..

A despedida de Alcestis, tanto do home como dos seus fillos, dos serventes e do coro (que representa a quince anciáns de Feras) ocupa boa parte da traxedia. Admeto chora e pídelle a Alcestis que non morra, nun claro exercicio de cinismo xa que, en definitiva, está permitindo que ela morra no seu lugar. Alcestis pídelle que non volva casar, que non lle dea unha madrasta ós fillos"Que en nada é máis bondadosa que unha víbora" (Eurípides: Alcestis 310)., e el acepta e comprométese a non facer. Por fin, morre Alcestis e o fillo, Eumelo despídese dela, chorando.

Neste momento, cando aínda non empezaron a expoñer o cadáver, aparece Heracles preguntando polo seu amigo, Admeto, que se presenta ante el chorandoE coa cabeza rasurada, en sinal de dó., pero este non lle di que quen morrera era a súa dona. Heracles, vendo que o seu amigo está de funeral prefire buscar aloxamento noutra casa pero Admeto, que non quere faltar ó sagrado deber da hospitalidade, négase e insiste en que se quede na súa casa. Ordena ós criados que o leven a certas habitacións separadas (para que non teña que escoitar as lamentacións propias do momento) e que lle dean de comer e beber.

A escena seguinte presenta a discusión entre Admeto e o pai, Feres, que trae unha ofrenda para a morta. Admeto rexéitaa e acúsao, a el e á nai, de non querer morrer por el, permitindo que fose Alcestis a que o fixese. Dille que non se considera fillo seu e que busque a forma de ter fillos que o coiden na súa vellez. O pai retruca que nada obriga a un pai a morrer polo seu fillo e que o covarde foi el por deixar morrer á esposa no seu lugar, pero Admeto termina botándoo fóra da súa casa.

Heracles sae do palacio, bébedo e cunha coroa de mirtoEra proverbial a sona de bebedor e comellón que arrastraba Heracles.. Un criado bótalle en cara que se dedique a comer e beber nestas circunstancias e só agora lle di que a morta é a esposa do seu amigo, ante o que responde, alabando a hospitalidade deste, que obrigará a ceder a Tánatos.

Admeto segue a chorar e recoñece, agora, o egoísmo do seu comportamento, preguntándose como vai volver entrar na súa casa no futuro sen esperar á grata acollida de Alcestis. Pero atopa a Heracles que lle fai entrega dunha muller cuberta cun veo, a modo de sudario, que o heroe di haber ganado nunha competición. Heracles quere que a garde ata que el regrese da Tracia pero Admeto resístese a admitila na súa casa, aínda que recoñece o parecido entre esa misteriosa muller e a súa esposa morta. Heracles insiste e dille a Admeto que curará a súa dor co paso do tempo e un novo matrimonio, ó que Admeto se nega categoricamente.

Finalmente, Heracles descobre o veo que oculta o rostro da muller e Admeto, que non pode crer o que ve, chora emocionado. Heracles cóntalle como a recuperou, obrigando á Morte que agardaba xunto á tumba e, dille que aínda terá que esperar tres días a que ela se purifique e poida falar. E marcha a cumprir cos seus traballos.

Admeto, como rei que é de Feras, ordena sacrificios de vacas ós deuses, co que remata a traxedia.

Mención do mito en Esquilo O traxediógrafo Esquilo menciona de pasada o mito de Alcestis e Admeto na súa obra Euménides, última traxedia da súa triloxía A Orestíada. Nun momento do xuízo a Orestes por asasinar a súa nai Clitemnestra, Apolo, que o defende persoalmente, é recriminado polo coro por ter intervido no destino e a morte dos homes:

Alcestis nas artes A imaxe de Alcestis na cerámica grega aparece algunha vez en pezas do século V a. C. pero será un motivo que se popularizará a partir da traxedia de Eurípides, no século IV a. C., especialmente en contextos funerarios (pinturas e sarcófagos romanos). O tema recuperará forza na idade moderna (Delacroix, 1854; Waterhouse, 1870)Elvira Barba, px. 377..

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

[especialmente px. 246-248]

[especialmente Fábulas 50 e 51]

Categoría:Mulleres na mitoloxía grega