O 22 de agosto e o 234º día do ano do calendario gregoriano e o 235º nos anos bisestos. Quedan 131 días para finalizar o ano.

Acontecementos 1138 - Batalla do Estandarte, que enfrontou a David I de Escocia contra as tropas do rei Estevo I de Inglaterra. 1851 - Descuberta de ouro en Australia. 1910 - Xapón anexiónase Corea. 1941 - Tropas alemáns comezan o cerco a Leningrado na segunda guerra mundial. 2005 - Péchase a VIII edición do Salón do cómic da Coruña.

Nacementos miniatura|100px|Isaac Díaz Pardo. 1647 - Denis Papin, inventor do pistón da máquina de vapor. 1862 - Claude Debussy, compositor francés (m. 1918). 1874 - Max Scheler, filósofo alemán (m. 1928). 1892 - Benito Cancela Rodríguez, político galego. 1908 - Henri Cartier-Bresson, fotoxornalista francés (m. 2004). 1920 - Isaac Díaz Pardo, intelectual e artista galego (m. 2012). 1920 - Ray Bradbury, escritor estadounidense (m. 2012). 1928 - Karlheinz Stockhausen, compositor alemán (m. 2007). 1936 - Petar Mladenov, político e diplómatico comunista búlgaro. 1942 - José Luis Torres Colomer, político galego. 1961 - Andrés Calamaro, músico arxentino. 1968 - Alexander Mostovoi, ex-futbolísta ruso.

Mortes miniatura|100px|Jean-Honoré Fragonard. 1806 - Jean-Honoré Fragonard, pintor francés (n. 1732). 1818 - Warren Hastings, político e administrador colonial británico (n. 1732). 1922 - Michael Collins é asasinado nunha emboscada no condado de Cork durante a guerra civil irlandesa 1936 - Manuel Ramos Fernández, político galego, concelleiro nas Pontes. 1936 - José María Hinojosa, escritor español asasinado polo bando republicano durante a guerra civil española. 1940 - Oliver Lodge, físico e escritor inglés (n. 1851). 1965 - Xulia Minguillón, pintora galega (n. 1906). 1970 - Vladimir Propp, académico ruso (n. 1895). 1976 - Juscelino Kubitschek de Oliveira, presidente do Brasil entre 1956 e 1961 (n. 1902). 1989 - Huey P. Newton, activista afroestadounidense (n. 1942). 2003 - Imperio Argentina, actriz, cantante e bailarina arxentina (n. 1906).

Festas e celebracións

Outros Santoral:

Os 366 días do ano

Ver tamén - meses: xaneiro, febreiro, marzo, abril, maio, xuño, xullo, agosto, setembro, outubro, novembro, decembro

Categoría:Agosto