miniatura|Outra vista miniatura|Rúa en Albarracín. miniatura|Vista da cidade e os muros. miniatura|Castelo de Santa Croche. Albarracín é un concello aragonés da provincia de Teruel, situado na comarca da Sierra de Albarracín. En 2006 tiña 1.076 habitantes, repartidos nunha área de 456,50 km².

En 1961, a vila foi declarada Monumento Nacional.

Xeografía Situada a 28 km da cidade de Teruel e a 1.171 m de altura, ás beiras do río Guadalaviar, ten ao norte a serra de Albarracín e polo sur os Montes Universales.

Urbanismo O lugar está asentado nun monte e arrodeado polo Guadalaviar, un caso representativo de meandro encaixado. Por ese lado e contra o río se atopan edificadas as casas colgadas. Dentro da vila as rúas son pinas e estreitas. A construción ofrece unha orixinal arquitectura popular, con uso da típica cor vermelliza, chamada rodena, que se consegue con xices locais, orixinarios do Triásico superior.

A parte antiga divídese en dous barrios: a cidade, coas casas penduradas sobre do río, e o Rabal. Outra das partes, El Barrio, está da outra beira do río, e non forma parte do casco antigo.

Historia miniatura|esquerda|Aspecto do casco antigo. Atopáronse importantes pinturas rupestres da denominada arte levantina na Pineta do Rodeno.

Durante a Idade de Ferro, a zona estivo habitada polos lobetáns, probabelmente celtiberos.

No Al-Andalus, a familia bérber dos Banu Razín, fixo destas terras un pequeno reino taifa. Desta familia procede o nome actual da cidade e da serra.

No século XII, o Rei Lupo de Murcia cedeu a comarca de Albarracín ao navarro Pedro Ruíz de Azagra, creándose así o Señorío de Albarracín, que se incorporou ao Reino de Aragón durante o século XIII.

No señorío creouse un bispado que dependía do arcebispo de Toledo. A sede episcopal foi deslocada para Segorb, cando esta localidade foi tomada dos mouros en época do rei Xaime I de Aragón.

Desde 1852, forma parte da diocese Teruel-Albarracín, posibelmente a consecuencia do concordato de 1851.

Monumentos Catedral do Salvador, iniciada no 1200, a maior parte é do século XVI, cunha soa nave e con capelas laterais. Ten Museo Catedralicio, que expón tapices e ourivaría litúrxica. Pazo episcopal, ao pé da catedral, con portada barroca. Casa Consistorial, sita na praza do Concello. É do século XVI, con balcóns de madeira e corredor pendurado sobre do río. Casa de la Julianeta, casa de construción popular, sita no Portal de Molina. Castelo, localizado no casco antigo, está en proceso de restauración. Foi alcázar musulmán da familia dos Banu Razin, durante o século XI. Murallas, do século XIV, de construción cristiá. Torre del Agua y del Andador, de construción musulmá, dos séculos X e XI. Torre de doña Blanca, simétrica respecto da do Andador. Museo do Xoguete.

Categoría:Concellos da provincia de Teruel Categoría:Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes