Cetinje é unha cidade do estado balcánico de Montenegro, que foi historicamente a capital do país, até que despois da segunda guerra mundial foi substituída pola cidade de Podgorica. A súa poboación é de pouco máis de 16.000 habitantes. É a capital do concello homónimo.
Xeografía Cetinje está situada nun planalto kárstico a 672 m de altitude no interior sur de Montenegro, rodeado de montañas como o monte Lovcen (1749 m), mais a moi escasa distancia da costa (apenas uns 42 km de Kotor e 30 de Budva), do Lago Shkodrës, o máis importante dos Balcáns, e da capital actual do país (uns 46 km).
Monumentos Dada a súa historia e pese ao seu escaso tamaño urbano, Cetinje conserva algúns importantes monumentos: Igrexa dos Pastores (Vlaska crkva), construída a partir de 1450. Pazo Real, dos antigos monarcas de Montenegro, que aquí tiñan a súa residencia, e na actualidade Museo Nacional de Montenegro. Pazo Azul, residencia do príncipe herdeiro montenegrino. Pazo de Njegos, residencia do bispo Petar Petrovic Njegos, fundador do estado de Montenegro, na primeira metade do século XIX. Os edificios das antigas embaixadas, estabelecidas a partir de 1878. Antiga sede do Banco Montenegrino, declarada "monumento cultural de extraordinario valor arquitectónico", actual sede do Museo do Diñeiro do Banco Central de Montenegro."Money Museum". Central Bank of Montenegro. Atópase ás portas do Parque Nacional Lovcen, que contén o Mausoleo de Petar Petrovic Njegos.
Cetinje
Notas