250px|miniatura|Exemplo de GUI en sistemas Linux. En informática, a interface gráfica de usuario, tamén coñecida polas siglas en inglés GUI (graphical user interface) é un tipo de interface que permite aos usuarios a interacción con aparellos electrónicos a través de icona gráficas e indicadores visuais, en contraposta ás interfaces de texto. As interfaces gráficas foron introducidas coma reacción a percepción da dificultade de uso para os usuarios nas interfaces baseadas en liña de comandos (CLIs). As accións nunha interface gráfica adoitan realizarse por medio da manipulación directa dos elementos gráficos da mesma.

Notas

Véxase tamén Outros artigos KDE Gnome

Categoría:Interfaces de usuario