Boise é a capital e cidade máis poboada do estado estadounidense de Idaho e sede do condado de Ada. Segundo o censo dos Estados Unidos de 2020 tiña 235.684 habitantes. Atópase á beira do río do mesmo nome, un afluente do río Snake; á súa vez afluente do Columbia, e aos pés das Montañas Rochosas.

A súa área metropolitana, coñecida como Treasure Valley (Val do Tesouro), inclúe cinco condados e conta cunha poboación de 749.202 habitantes. Nela atópanse as tres cidades máis poboadas do estado: Boise, Nampa, Meridian.

Xeografía Boise está situada no condado de Ada. Para distinguir entre a cidade capital de Idaho e o condado próximo de Boise úsanse os termos "cidade de Boise" ou de "Boise City". Segundo a oficina de censo dos Estados Unidos, a cidade ten unha área total de 165,7 km². Destes, 165,2 km² son de terra e 0,5 km² é auga. A área total é 0,33% auga.

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina web oficial da cidade

Categoría:Cidades de Idaho