Os Trasnos de Moscoso, é un grupo galego de hip hop.

Traxectoria Foi creado no ano 2003 por Malvares, Gordo e Che, tres rapaces de Moscoxo (Pazos de Borbén).Na formación, os dous primeiros encargábanse das voces e Che actuaba como produtor musical. No ano 2004 debutan en directo e comezan a dar concertos pola provincia de Pontevedra. Nesa etapa úneselles Mon, un rapaz de Redondela que pasará a realizar o traballo de Dj. Con catro membros, o grupo configura o seu núcleo estábel, e xa a mediados do 2005 deixan os concertos para centrarse na gravación do seu primeiro traballo, que lles levou uns nove meses, cuns medios moi limitados.

En maio de 2006 sacan a súa primeira maqueta Denominación de orixe: Rap do país, ofrecida gratuitamente na súa páxina web. Nas voces colaborará Quinho, un rapaz con raíces en Moscoxo pero criado no Brasil.

A partir dese momento volven a dar concertos por toda a Galiza. No outono do 2006 quedan terceiros no certame Gzcrea, feito que lles dá certa popularidade e posibilita que entren na Rede Galega de Música ao Vivo 2007, tocando en moitos locais por todo o país. Algúns meses despois o netlabel A Regueifa Plataforma reedita en formato dixital o seu traballo.

A actitude d'Os Trasnos de Moscoso como grupo de hip hop achégase á filosofía doutros grupos e colectivos contemporáneos, como Dios ke te crew. Algunhas das súas características son o compromiso co idioma, o cuestionamento do clásico espazo urbano do rap, e a renuncia a determinados tópicos da escena hip hop internacional. Tamén hai unha certa reivindicación da lingua popular fronte ás esixencias normativas.

Discografía Denominación de orixe: Rap do país (A Regueifa Plataforma, 2006). A casa da Joaquina (2011).

Notas

Notas

Véxase tamén Outros artigos Rebeliom do Inframundo

Categoría:Grupos musicais de Galicia Categoría:Grupos de hip hop de Galicia