miniatura|250px|dereita|Detalle do retablo de San Pedro en Terrassa

Lluís Borrassà (Xirona, ?- Barcelona, 1424/1426) foi un pintor catalán, introdutor e representante destacado do estilo gótico internacional.

Membro dunha familia xironina de pintores e artesáns, foi no obradoiro familiar onde se formou. O seu primeiro traballo documentado é a reparación dos vitrais da catedral de Xirona (1380). Mais a súa vida e obra desenvolveuse sobre todo en Barcelona, onde chegou arredor do ano 1385.

Estilo Recolle a herdanza italianizante dos irmáns Serra, á que dota de maior expresividade e dramatismo. Considéraselle o introductor do estilo gótico internacional en Cataluña.

Pintou numerosos retablos, de corpos superpostos, cun cromatismo brillante.

Influíu en artistas posteriores, como Joan Mates ou Bernardo Martorell.

Obra Retablo do Salvador" (1404), na parroquia de San Salvador de Guardiola. Retablo do convento de Santa Clara (1415) de Vic, hoxe no Museo Episcopal de Vic. Retablo de San Pedro (1411), igrexas de San Pedro de Terrassa.

Outras obrasRetablo do Arcanxo San Gabriel (1390?), na catedral de Barcelona.Retablo de Santo Antonio Abade (1410), na Santa María de Manresa.Retablo da Presentación da Mai de Deus e San Xurxo (finais s.XIV), na igrexa de San Francisco de Vilafranca del Penedès.Retablo de Santes Creus (1403-1411).Retablo de San Xoán Bautista (1415-1420), hoxe no Museo de Artes Decorativas de París.Retablo de San Miguel, en Cruïlles 1417), hoxe no Museo de Arte de Xirona.Retablo de Santo André'', en Gurb (1415), o pouco conservado está no Museo Episcopal de Vic.

Categoría:Pintores de Cataluña Categoría:Arte gótica Categoría:Nados en Xirona