A N-554 é unha estrada nacional, que une a estrada N-550 ó seu paso por Vilaboa, con Domaio, Moaña, onde liga coa AP-9, a estrada PO-551, e a AG-46.
Adoptou esta denominación en 1988Ley 25/1988, de 29 de julio, de Carreteras, no BOE n° 182 de 30 de xullo de 1988 . logo da fragmentación da C-550, que percorría a costa galega das Rías Baixas. A nomenclatura desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña). Foi reformada en 2009"O proxecto da reforma da N-554 en Vilaboa incluirá catro rotondas en tres parroquias", artigo en La Voz de Galicia, 27 de febreiro de 2008..
Mide 10 quilómetros, indo a maioría da estrada paralela á enseada de San Simón e á AP-9. Atravesa as aldeas do Toural, Acuña (parroquia de Vilaboa), Riomaior (Santa Cristina de Cobres), e Santradán (Cobres).
Notas
Categoría:Estradas nacionais de España Categoría:Estradas do Estado en Galicia Categoría:Estradas da provincia de Pontevedra