Non confundir con Universidade do Sur de California
miniatura|300px|Este mapa mostra a posición dos dez campus da Universidade de California, e dous dos tres laboratorios nacionais baixo control da UC. O terceiro está en Los Álamos, Novo México.
A Universidade de California é a rede superior de Universidades públicas do Estado de California, en EEUU. Na actualidade, está composta por 10 campus e tres laboratorios nacionais:
Universidade de California, Berkeley Universidade de California, Davis Universidade de California, Irvine Universidade de California, Os Ánxeles Universidade de California, Merced Universidade de California, Riverside Universidade de California, San Diego Universidade de California, San Francisco Universidade de California, Santa Barbara Universidade de California, Santa Cruz
Mentres que o sistema representa a rede superior de universidades públicas do estado, a función de educación en masa deixase en mans do sistema das "Cal State Universities." Estas concéntranse máis en dar educación práctica para uso directo no traballo mentres que a rede superior da Universidade de California ocúpase de outorgar educación teórica que prepara aos seus alumnos para adquirir traballos que requiren niveis máis altos de educación como catedráticos, doutores, avogados, e negociantes de alto rango. Entre as dúas, só a Universidade de California está capacitada para outorgar doutoramentos, algo que xunto cos seus mellores resultados en clasificacións nacionais, dálle máis prestixio.
Laboratorios nacionais A Universidade de California rexenta e opera directamente dous laboratorios do Departamento de Enerxía dos Estados Unidos: Lawrence Berkeley National Laboratory (LBNL) (Berkeley, California) Laboratorio Nacional Lawrence Livermore (LLNL) (Livermore, California) UC é tamén socio dunha compañía privada, Los Alamos National Security LLC, que rexenta e opera un terceiro laboratorio do mesmo Departamento: Los Alamos National Laboratory (LANL) (Los Álamos, Novo México)
Véxase tamén
Outros artigos Universidade do Sur de California
Ligazóns externas Os 10 campus da Universidade de California (en inglés) Sitio oficial da Universidade de California, Berkeley Sitio oficial da Universidade de California, Davis Sitio oficial da Universidade de California, Irvine Sitio oficial da Universidade de California, Os Ánxeles Sitio oficial da Universidade de California, Merced Sitio oficial da Universidade de California, Riverside Sitio oficial da Universidade de California, San Diego Sitio oficial da Universidade de California, San Francisco Sitio oficial da Universidade de California, Santa Barbara Sitio oficial da Universidade de California, Santa Cruz
Categoría:Universidades de California