Moriles é unha localidade española, con concello propio, da provincia de Córdoba, en Andalucía. En 2005 tiña 3.874 habitantes. A extensión superficial do municipio é de 20 km².
É famoso polos seus viños, finos e xenerosos, semellantes aos criados na próxima Montilla.
Situación xeográfica As súas coordenadas xeográficas son 37º 26' N e 4º 36' O. Atópase situada ao suroeste da provincia, a unha altitude de 375 metros e dista 65 quilómetros da capital, Córdoba.
Historia breve A localidade non existía no século XIX aínda, e o seu xurdimento debeuse ao empeño de Manuel Fernández Jiménez, deputado local. O concello foi creado por un decreto do rei Afonso XIII de 1 de xuño de 1912, nun lugar, Zapateros, onde existían uns vellos lagares, tomando o nome duns pagos próximos denominados Moriles, nos que se producían vides das que se elaboraba un excelente viño. Até 1951, o concello, escindido do de Aguilar de la Frontera, non tiña aínda ben delimitados as súas lindes; nese ano, unha sentenza do Tribunal Supremo marcou os que ten na actualidade.
Véxase tamén Ligazóns externas
Moriles - Sistema de Información Multiterritorial de Andalucía I.E.S. Las Viñas
Categoría:Concellos da provincia de Córdoba