Nauru ( ou ; ), oficialmente República de Naoero () e antes coñecida como Pleasant Island, é un país insular e un microestado en Oceanía, no Pacífico Central que comprende unha soa illa xusto ao sur do ecuador. O seu veciño máis próximo é a illa Banaba en Kiribati, a ao leste. Atópase máis ao noroeste de Tuvalu, ao nordeste das Illas Salomón, ao leste-nordeste de Papúa-Nova Guinea, ao sueste dos Estados Federados de Micronesia e ao sur das Illas Marshall. Con só unha área de , Nauru é o terceiro país máis pequeno do mundo por detrás da Cidade do Vaticano e Mónaco, converténdoa na república máis pequena así como na nación insular máis pequena. A súa poboación duns 10.000 habitantes é a segunda máis pequena do mundo (sen incluír colonias nin territorios de ultramar), despois da Cidade do Vaticano.
É un atol de forma oval, elevado, escarpado na súa beira mariña e con areosas praias intercaladas con montículos coralinos na súa beira interior, e cunha superficie de 21 km². Habitada por persoas de Micronesia cara ao ano 1000 AEC, Nauru foi anexionada e reclamada como colonia polo Imperio Alemán a finais do século XIX. Despois da primeira guerra mundial, Nauru converteuse nun mandato da Liga de Nacións administrado por Australia, Nova Zelandia e o Reino Unido. Durante a segunda guerra mundial, Nauru foi ocupada polas tropas xaponesas, e foi obviado polo avance aliado polo Pacífico. Despois de rematar a guerra, o país entrou en Tutela das Nacións Unidas. Nauru conseguiu a súa independencia en 1968 e converteuse en membro da Comunidade do Pacífico (PC) en 1969.
Gran parte da súa prosperidade debeuse á explotación dos depósitos de fosfato que se atopaban na illa e cuxo orixe é disputado: poderían ser depósitos de guano acumulados durante miles de anos ou poderían ser de orixe mariña. O fosfato utilízase como fertilizante e a maioría do producido na illa foi exportado cara a Australia durante máis dun século, aínda que a costa de danar seriamente o medio ambiente da illa. Coa extinción das reservas de fosfato na década de 1990, Nauru fai fronte a un futuro económico pouco claro. Parte da riqueza obtida coa explotación deste recurso foi colocada como fideicomiso para o futuro. Tras acumular ata 2.000 millóns de dólares estadounidenses, a mala calidade dos investimentos escollidos e a súa utilización para completar orzamentos deficitarios ano tras ano fixo minguar os aforros e en 2004 o restante foi vendido para cancelar a súa débeda externa. Para obter ingresos, Nauru converteuse brevemente nun paraíso fiscal e nun centro ilegal de branqueo de capitais. De 2001 a 2008, e de novo a partir de 2012, aceptou axuda do Goberno australiano a cambio de acoller o Nauru Regional Processing Centre, unha controvertida instalación de detención de inmigración offshore australiana. Como resultado da gran dependencia de Australia, algunhas fontes identificaron Nauru como un estado cliente de Australia. O estado soberano é membro das Nacións Unidas, da Commonwealth de Nacións e da Grupo de Estados de África, Caribe e Pacífico.
Historia
Os acontecementos anteriores a súa colonización a finais do século XIX son pouco coñecidos por falta de fontes escritas e a case ausencia de datos arqueolóxicos. Os feitos posteriores son estreitamente vinculados á historia da súa única riqueza: o fosfato. miniatura|esquerda|250px|Nauruanos e as súas casas tradicionais en Arenibek en 1896.
Probablemente poboada inicialmente por melanesianos e micronesios, sufriu unha segunda onda de migración con poboadores orixinarios do litoral chinés pasando pola Filipinas ao redor do ano 1200 adC. A illa foi descuberta para os europeos polo capitán británico John Fearn. Foi colonizada e pasou a estar baixo o poder de varios países, Alemaña en 1888, Australia en 1920, o Xapón entre 1940 e 1945 e de novo Australia en 1947 tras a segunda guerra mundial. Nauru logrou a súa independencia de Australia en 1968 e logrou ser aceptada como membro da Organización das Nacións Unidas en 1999 .
A partir de 1903 o xacemento de fosfato da illa foi explotado por varias compañías coloniais ou estatais. Este fosfato constituíu case a única fonte de recursos da illa durante pouco menos dun século e asegurou aos nauruanos un nivel de vida moi elevado durante varias décadas. O esgotamento das reservas engadido ás malas políticas económicas levaron a Nauru á quebra e á inestabilidade política a partir dos anos 1990. Tratando de diversificar as fontes de recursos, Nauru intentou aumentar os seus ingresos pola vía do branqueo de diñeiro, a venda de pasaportes e a venda dos seus votos nas organizacións internacionais. A chegada o 2004 dunha novo goberno e dunha nova política económica pareceu levar unha mellor transparencia ás finanzas do estado nauruano.
miniatura|esquerda|250px|Casa e piraguas en 1896. dereita|miniatura|220px|Nauru baixo o ataque de avións B-24 Liberator.
Durante a segunda guerra mundial, as forzas xaponesas ocuparon a illa o 26 de agosto de 1942.Lundstrom, John B., The First Team and the Guadalcanal Campaign, Naval Institute Press, 1994, p. 175. O campo de aviación construído polo exército xaponés foi bombardeado polos aliados en marzo de 1943, impedindo o abastecemento de víveres. Os xaponeses deportaron 1.200 nauruanos para traballar nas Illas Chuuk, onde faleceron 463 deles. A illa foi liberada o 13 de setembro de 1945 cando o buque de guerra australiano HMAS Diamantina arribou á illa e as forzas xaponesas rendéronse. A British Phosphate Commission realizou as xestións oportunas para poder repatriar aos nauruanos de Chuuk, que foron trasladados a Nauru polo transporte BPC "Trienza" en xaneiro de 1946.
En 1947, un tratado foi aprobado polas Nacións Unidas, e Australia, Nova Zelandia e o Reino Unido fixéronse outra vez coa illa. Nauru fíxose autónomo en xaneiro de 1966, e logo dunha convención constitucional de dous anos, fíxose independente en 1968, baixo a presidencia do fundador Hammer DeRoburt. En 1967, a xente de Nauru comprou os activos da British Phosphate Commission, e en xuño de 1970, o control pasou a mans da local Corporación de Fosfato de Nauru Os ingresos xerados pola explotación de fosfato deron aos nauruanos un nivel de vida dos máis altos do Pacífico.
En 1989, o país estableceu un preito contra Australia no Tribunal Internacional de Xustiza sobre as accións de Australia durante a súa administración de Nauru, en particular, o fracaso de Australia de remediar o dano ambiental causado pola minería de fosfato. O asunto rematou cun acordo para rehabilitar as zonas mineiras. A diminución de reservas de fosfato conduciu á crise económica en Nauru, e unha inestabilidade política crecente desde mediados dos anos 80. Nauru sufriu 17 cambios na administración entre 1989 e 2003.
Cronoloxía Esta liña do tempo retrata o que pasou despois do descubrimento europeo.
miniatura|800px|centro|Desde 1800 ata o 2000, esta liña do tempo relata os acontecementos máis importantes .
Política
O parlamento de 18 membros é elixido cada tres anos. O parlamento elixe un presidente entre os seus membros, quen designa un gabinete de entre cinco e seis ministros. O presidente é ao mesmo tempo o xefe do estado e do goberno. Existe un sistema multipartidista aínda que con poucas diferenzas nas súas organizacións. Os principais partidos son o Partido Democrático e o Partido Reformista.
Entre 1999 e 2004 houbo unha serie de votos desaprobatorios ao goberno que produciron eleccións que levaron de forma alterna a René Harris e a Bernard Dowiyogo á presidencia. Dowiyogo morreu sendo presidente o 18 de marzo de 2003 en Washington DC tras unha cirurxía do corazón. Ludwig Scotty foi elixido presidente o 29 de maio de 2003 e aínda que se pensou que terminarían os anos de inestabilidade, en agosto de 2003 houbo outra moción de confianza perdida polo goberno. Harris logrou novamente suficiente apoio para regresar á presidencia, na que estaría ata 2004, cando Scotty gañou as eleccións.
O 19 de decembro de 2007, Marcus Stephen converteuse en novo presidente tras unha moción de censura presentada contra Ludwig Scotty. Scotty dimitiu en 2011 e Freddie Pitcher accedeu á presidencia. Unha semana despois, Sprent Dabwido presentou unha moción de censura que saíu adiante, e el mesmo converteuse en presidente. Despois das eleccións parlamentarias de 2013, Baron Waqa pasou a ser o novo presidente de Nauru, ata que perdeu o seu escano nas eleccións parlamentarias de 2019, tras as cales foi elixido presidente Lionel Aingimea.
Organización territorial dereita|250px
Nauru ten 14 distritos:
Aiwo Anabar Anetan Anibare Baiti Boe Buada Denikomotu Ewa Ijuw Meneng Nibok Uaboe Yaren
Xeografía
Nauru é unha pequena illa de fosfato rodeada dun arrecife que queda exposto coa marea baixa ao oeste do Océano Pacífico, ao sur das Illas Marshall, A maior parte da poboación vive nun estreito cinto costeiro. Unha planicie central cobre aproximadamente o 45% do territorio e elévase 65 m sobre o nivel do mar. Posúe unha pequena lagoa ao suroeste da illa chamada Lagoa de Buada.
A extracción intensiva de fosfato por parte de empresas inglesas afectou grandemente o ecosistema de Nauru, deixando o 90% da parte central de Nauru como unha planicie non cultivable, ademais de limitar os recursos actuais da illa. Por outra parte, e aínda que, segundo o goberno de Nauru, o 80% do territorio estea "ben elevado", non cabe dúbida de que a súa existencia corre grandes riscos, ao igual que a doutros atois, co cambio climático e a futura elevación do nivel do mar.
dereita|230px|miniatura|Unha imaxe aérea de Nauru en 2002 do Programa de Medida Atmosférica De radiación do Ministerio de Enerxía estadounidense. A vexetación rexenerada cobre o 63 % de terra que foi extraída.
Debido á súa proximidade co ecuador o seu clima é cálido e húmido, estendéndose a estación de choivas desde novembro ata febreiro. A dispoñibilidade de auga é limitada, polo tanto, os poboadores dependen do uso de tanques para recoller a auga e da desalinización.
Nauru era unha de tres grandes illas de fosfato no océano Pacífico (as demais son Banaba (Illa Ocean) en Kiribati e Makatea na Polinesia Francesa); con todo, as reservas de fosfato case están esgotadas, logo de devastar o 80% da illa, deixando un terreo estéril de pináculos de calcaria dentados de ata 15 m de altitude. A minería tamén tivo un impacto sobre a vida marítima que se viu reducida nun 40%.
Hai só sesenta especies rexistradas de traqueófitas na illa, ningunha das cales é endémica. A actividade humana, tivo serias repercusións sobre a vida local. Non hai mamíferos propios na illa, pero se aves, ademais de insectos e moluscos. Especies como ratas polinesias, gatos, cans, porcos e polos foron introducidos recentemente na illa.
Hidrografía, clima e chans No suroeste da illa atópase a lagoa de Buada. O clima de Nauru é predominantemente tropical, con constantes choivas e monzóns entre os meses de novembro e febreiro. A falta de auga potable e a extensa actividade mineira de fosfato durante 90 anos, derivaron que os chans centrais da illa queden parcialmente inservibles para o cultivo e gandería dalgunhas especies, no bordo da illa cultívase: coco, manga e améndoa.
Vexetación miniatura|esquerda|150 px|Puntas de coral sobre a praia. A vexetación tropical é frecuente sobre o litoral e ao redor da lagoa de Buada pero relativamente ausente no centro da illa en consecuencia da explotación mineira.
Hai algunhas especies endémicas en Nauru cuxa supervivencia está comprometida pola destrución do seu hábitat por parte da explotación mineira, a contaminación) e pola introdución de especies invasorias (cans, gatos, galiñas, rata polinésicas etc.)