dereita|miniatura|260px|Tenzin Gyatso, 14° Dalai Lama.
Dalai Lama, é un monxe da escola Gelug ou "Sombreiro Amarelo" do budismo tibetano, a máis nova das escolas do budismo tibetanoSchaik, Sam van. Tibet: A History. Yale University Press 2011, page 129, "Gelug: the newest of the schools of Tibetan Buddhism". fundada por Je Tsongkhapa. O décimo cuarto e actual Dalai Lama é Tenzin Gyatso.
O Dalai Lama é considerado sucesor dunha liña de tulkus, é dicir, encarnacións de Avalokiteśvara, o Bodhisattva da Compaixón. O nome é unha combinación da palabara mongol dalai que significa "océano" e a palabra tibetana བླ་མ་ (bla-ma) "mestre, mentor". A palabra tibetana "lama" correspóndese coa palabra sánscrita "gurú"."lama" da Encyclopædia Britannica
Dende 1642 até a década de 1950 (agás dende 1705 a 1750), o Dalai Lamas ou o seu rexente dirixiu o Goberno Tibetano ou Ganden Phodrang que domina a meseta tibetana dende Lhasa con diversos graos de autonomía. Este goberno foi, polo xeral, suxeito de patronazgo e protección dos reis mongois dos khanatos de Khoshut e Dzungar (1642-1720) e dos emperadores manchús da Dinastía Qing (1720-1912).
Os budistas tibetanos consideran que os Dalai Lama son emanacións do Buddha Avalokiteśvara, aínda que non é un mestre Buddha senón un Bodhisattva, é o patrón do Tíbet e crese que, tras a súa morte, a súa conciencia sutil tarda un intervalo de corenta e nove días, polo menos, para nacer de novo nun neno que xa desde o seu nacemento pode dar sinais do seu carácter especial. Avalokiteśvara é unha deidade importante para o budismo tibetano e é considerado nos ensinos vajrayāna como un buda. En cambio, para os ensinos mahāyāna é visto máis ben como un bodhisattva de elevado nivel.
Tras a morte do Dalai Lama, o Panchen Lama encárgase de recoñecer a súa reencarnación, ou tulku (normalmente un neno) por estes sinais, quen pasará a ser o novo Dalai Lama. Á súa vez, o Dalai Lama debe recoñecer á reencarnación do Panchen Lama tras a morte deste.
Lista de Dalai Lama Ao longo da historia téñense recoñecido 14 reencarnacións do Dalai Lama: {| class="wikitable" style="font-size: 90%" |- ! !! Nome !! Imaxe !! Vida !! Recoñecido !! Entronizamento !! Tibetano/Wylie !! Pinyin tibetano/Chinés !! Escrituras alternativas !! Lugar de nacemento |- |align="right"| 1 || Gendun Drup || 60px || 1391–1474 || – || N/AThe title "Dalai Lama" was conferred posthumously to the 1st and 2nd Dalai Lamas. || dge 'dun 'grub || Gêdün Chub根敦朱巴|| Gedun DrubGedün Drup || Shabtod (U-tsang) |- |align="right"| 2 || Gendun Gyatso ||60px || 1475–1542 || – || N/A || dge 'dun rgya mtsho || Gêdün Gyaco根敦嘉措|| Gedün GyatsoGendün Gyatso || Tanag Segme (U-tsang) |- |align="right"| 3 || Sonam Gyatso || 60px || 1543–1588 || ? || 1578 || bsod nams rgya mtsho || Soinam Gyaco索南嘉措|| Sönam Gyatso || Tolung (U-tsang) |- |align="right"| 4 || Yonten Gyatso || 60px || 1589–1617 || ? || 1603 || yon tan rgya mtsho || Yoindain Gyaco雲丹嘉措|| Yontan Gyatso, Yönden Gyatso || Mongolia |- |align="right"| 5 || Ngawang Lobsang Gyatso || 60px || 1617–1682 || 1618 || 1622 || blo bzang rgya mtsho || Lobsang Gyaco羅桑嘉措|| Lobzang GyatsoLopsang Gyatso || Chingwar Taktse (U-tsang) |- |align="right"| 6 || Tsangyang Gyatso || 60px || 1682–1706 || 1688 || 1697 || tshang dbyangs rgya mtsho || Cangyang Gyaco倉央嘉措|| Tsañyang Gyatso || Mon Tawang, India |- |align="right"| 7 || Kelzang Gyatso || 60px || 1708–1757 || ? || 1720 || bskal bzang rgya mtsho || Gaisang Gyaco格桑嘉措|| Kelsang GyatsoKalsang Gyatso || Lithang (Kham) |- |align="right"| 8 || Jamphel Gyatso || 60px || 1758–1804 || 1760 || 1762 || byams spel rgya mtsho || Qambê Gyaco強白嘉措|| Jampel GyatsoJampal Gyatso || Thobgyal (U-tsang) |- |align="right"| 9 || Lungtok Gyatso || 60px || 1805–1815 ||1807 || 1808 || lung rtogs rgya mtsho || Lungdog Gyaco隆朵嘉措|| Lungtog Gyatso || Dan Chokhor (Kham) |- | 10 || Tsultrim Gyatso |||| 1816–1837 || 1822 || 1822 || tshul khrim rgya mtsho || Cüchim Gyaco楚臣嘉措|| Tshültrim Gyatso || Lithang (Kham) |- | 11 || Khedrup Gyatso |||| 1838–1856 || 1841 || 1842 || mkhas grub rgya mtsho || Kaichub Gyaco凱珠嘉措|| Kedrub Gyatso || Gathar (Kham) |- | 12 || Trinley Gyatso || || 1856–1875 || 1858 || 1860 || phrin las rgya mtsho || Chinlai Gyaco成烈嘉措|| Trinle Gyatso || Lhoka (U-tsang) |- | 13 || Thubten Gyatso || 60px || 1876–1933 || 1878 || 1879 || thub bstan rgya mtsho || Tubdain Gyaco土登嘉措|| Thubtan GyatsoThupten Gyatso || Dagpo Langdun (U-tsang) |- | 14 || Tenzin Gyatso || 60px || nado en 1935 || 1937 || 1950(actualmente no exilio)|| bstan 'dzin rgya mtsho'' || Dainzin Gyaco丹增嘉措|| Tenzing Gyatso || Taktser, Kumbum (Amdo)
Tamén houbo un Dalai Lama non recoñecido, Ngawang Yeshey Gyatso, declarado o 28 de xuño de 1707, cando contaba con 25 anos de idade, por Lha-bzang Khan como o "verdadeiro" 6º Dalai Lama – porén, nunca foi aceptado como tal pola maior parte da poboación.Stein (1972), p. 85.Chapman, F. Spencer. (1940). Lhasa: The Holy City, p. 127. Readers Union Ltd. London.Mullin 2001, p. 276
Futuro da posición Tradicionalmente, o Dalai Lama' foi o líder espiritual e temporal do Tíbet; Tenzin Gyatso, actualmente no exilio, tras a ocupación e anexión forzada por parte da China maoísta, abandonou a preeminencia política tradicional, e creou un Ministro presidente do Kashag (gabinete), elixido por sufraxio universal. Tamén indicou que a institución podería ser abolida no futuro e que o próximo Dalai Lama se podería atopar fóra do Tíbet ou ser unha muller"Next Dalai Lama May Be Female", artigo en Newser .. O goberno chinés reclámase como o único autorizado para escoller o vindeiro Dalai Lama."Chinese Government: We Will Choose Next Dalai Lama" from Tricycle: The Buddhist Review
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Tibet.com : Goberno tibetano no Exilio, en inglés. Dalailama.com: Páxina oficial do Dalai Lama.
Categoría:Tíbet Categoría:Budismo