A Autoestrada Central Galega é unha vía de altas prestacións que interconecta entre Santiago de Compostela (AP-9) e o Alto de Santo Domingo (Dozón) e é coñecida como AP-53, de peaxe e dependente do Ministerio de Fomento.

A finalidade da autoestrada é desconxestionar a saturada N-525. Entre xullo e agosto do 2008 a AP-53 acadou unha media de 6.000 vehículos diarios"La autopista AP-53 rebasó por primera vez los 6.000 coches diarios durante los meses de julio y agosto", artigo en La Voz de Galicia, 29 de novembro de 2008 ., mentres que a AG-53 acadou os 9.000 vehículos diarios"La media de usuarios de la AG-53 se acerca a los 9.000 en Cea este año", artigo en La Voz de Galicia, 15 de decembro de 2009 . ós oito meses da súa posta en servizo.

Construción O proxecto da autoestrada iniciouse baixo o mandato na Xunta de Manuel Fraga e con Xosé Cuíña como conselleiro de Política Territorial. A idea é unha autoestrada de peaxe de competencia estatal para unir Santiago e Ourense. Así en outubro de 1999 adxudícase a obra da AP-53 a unha agrupación de trece empresas e o dereito para a concesionaria, ACEGA, de cobrar peaxe durante 75 anos (ata ó 2074). Para a construción a Xunta tivo que achegar 60 millóns de euros a fondo perdido, mentres que Fomento fixo un préstamo doutros 60 millóns e a concesionaria achegou 162 millóns. A construción levouse a cabo por treitos:

Tramo Lonxitude (km) Inauguración Santiago de Compostela - Silleda 33 Decembro 2002 Silleda - Lalín Leste 13 Decembro 2003 Lalín Leste - Alto de Santo Domingo (Dozón) 10 Xuño 2004

Os primeiros treitos foron inaugurados polo seguinte orde: o treito Santiago de Compostela - Silleda foi inaugurado en decembro de 2002,"La apertura de la autopista constituye un enlace clave para el futuro de Silleda y Deza", artigo en La Voz de Galicia, 23 de decembro de 2002 . o treito Silleda - Lalín Leste foi posto en servizo en decembro de 2003"La autopista AP-53 reduce desde hoy a 20 minutos el viaje de Santiago a Lalín", artigo en La Voz de Galicia, 21 de decembro de 2002 . e o treito Lalín Leste - Alto de Santo Domingo (Dozón) foi posto en servizo en xuño de 2004."El tramo de la AP-53 entre Lalín y Dozón quedará abierto mañana al tráfico", artigo en La Voz de Galicia, 1 de xuño de 2004 .

Peaxe O treito de autoestrada xestionado por ACEGA (Autoestrada Central Galega C.E.S.A.) consta de dúas estacións semitroncais de peaxe (en Vedra e Ponte) e tres accesos (Ribadulla, A Bandeira e Ponte, Silleda). Os tres accesos de Lalín son libres de peaxe, facendo así de circunvalación exterior da vila, tamén está libre de pago o semienlace de Dozón.

Problemática da peaxe O traxecto dende Santiago ata Dozón cóbrase a 6,15 € para turismos e a 8,65 € para camións tras continuas subidas dende a súa posta en servizo cando custaba 4,60 €. Estes altos prezos fan que sexa moi pouco utilizada por camións, que seguen a circular pola N-525 durante o treito de pago.

O problema da peaxe está en parte xerado pola gratuidade da autoestrada dende Lalín a Dozón, o que produce que se cobre a viaxe completa ata Dozón aínda que se saia na primeira saída de Lalín, 15 km de diferenza.

Alberto Núñez Feijóo prometeu durante a campaña electoral de 2009 rebaixar a peaxe, pero unha vez no goberno, supeditou a redución do prezo ao traspaso da autoestrada por parte de Fomento á Xunta"Feijoo promete rebajar en un 25% el precio del peaje en la autopista Santiago-Lalín", artigo en La Voz de Galicia, 30 de setembro de 2007 .

Infraestruturas destacables Viaduto do Ulla, de 700 m de lonxitude e altura de ata 65 m.

Saídas número de saída nome da saída estrada coa que liga25px Santiago de Compostela - Boqueixón - Vedra A Coruña - VigoA Estrada - Teo  N-525   AP-9   AC-841 15px 2 A Estrada - Cacheiras  AG-59 25px Sentido Santiago Peaxe de Vedra 15px 15 Ponte Ulla - PonteveaA Estrada  AC-241   CP-8902 15px 24 A Bandeira - Chapa A Estrada - Caldas de Reis  N-525   N-640 Ficheiro:SurtidorAutovia.pngFicheiro:RestauranteAutovia.pngFicheiro:TeléfonoAutovia.pngFicheiro:Cafeteria.png Área de Servizo de Silleda15px 33 SilledaVila de CrucesForcarei  N-525   PO-205   PO-2205 25px Sentido Ourense Peaxe de Silleda 15px 41 Lalín Oeste - Polígono industrial Lalín 2000Lugo N-525   N-640 15px 46 Lalín Centro - Polígono industrial de Botos ForcareiChantadaO Irixo  N-525   PO-534  PO-533  PO-902  15px 50 Lalín Leste  N-525 15px 56 (Só en sentido Ourense)Dozón  N-525 15px15pxFin da AP-53, pasa a ser AG-53  AG-53 

Notas

Véxase tamén Outros artigos AP-9 Ligazóns externas Acega, concesionaria da AP-53

Categoría:Autoestradas interurbanas de España Categoría:Estradas do Estado en Galicia Categoría:Estradas da provincia da Coruña Categoría:Estradas da provincia de Pontevedra