dereita|miniatura|Autobús de TUSSA. dereita|miniatura|Autobús de TUSSA.
Transportes Urbanos de Santiago S. A. (TUSSA) é unha empresa de transportes compostelá, responsable do transporte público urbano nesa cidade, así como da xestión de varios aparcadoiros públicos da cidade. A empresa ten en réxime de concesión un total de 22 liñas, que prestan servizo á cidade e áreas limítrofes, mesmo con zonas de concellos da Área metropolitana de Santiago de Compostela. Liñas Liñas urbanas
As liñas urbanas prestan servizo entre diferentes puntos da cidade. A frecuencia destas liñas vai desde os 12 minutos ata os 60, dependendo da liña, e son as seguintes:
1 : Cemiterio de Boisaca - Hospital Clínico 4 : Romaño - As Cancelas 5 : Vite - A Rocha 6 : San Marcos - Os Tilos 6A : Os Tilos - Estación Intermodal - Aeroporto 7 : Rúa de Valle-Inclán - Aríns 8 : Camiño dos Vilares - Vidán 9 : Casas Novas - Cidade da Cultura 12 : Os Tilos - Hospitais 13 : Belvís - Xeneral Pardiñas 15 : Campus Norte - Campus Sur
Liñas circulares
Estas liñas conectan diferentes barrios cos hospitais e nós de comunicación:
C2 : San Caetano - Fontiñas - Hospital Provincial - Hospital Clínico – Vite - San Caetano C4 : San Caetano - Vite - Hospital Clínico - Hospital Provincial - Fontiñas - San Caetano C5 : Polígono Costa Vella - Amio - Praza de Galicia - Restollal - Amio - Polígono Costa Vella C6 : Polígono Costa Vella - Amio - Restollal - Hórreo - Amio - Polígono Costa Vella C11 : Circular de Fontiñas
Liñas interurbanas
Estas liñas parten de distintos puntos da cidade e ofrecen servizos a zonas situadas fóra da cidade, pero que polo seu nivel de poboación, fan necesario que teñan un servizo de transporte que as comunique co centro da cidade:
P1 : San Caetano - Folgoso P2 : San Caetano - Laraño P3 : Rúa de Valle-Inclán - A Susana P4 : Praza de Galicia - A Sionlla P6: Rúa da Rosa - Polígono do Tambre P7 : Porta do Camiño - A Peregrina / Grixoa / Miramontes / Pardaces P8 : Rúa de Valle-Inclán - Reborido
Nova concesión No ano 2017 comezouse a deseñar a nova distribución de liñas de transporte urbano que botarían a andar na cidade. O proceso de cambio levaríase a cambio mediante un período transitorio (até o 31 de decembro de 2019) e un período definitivo (a partir do 1 de xaneiro de 2020) . A día de hoxe aínda ningún destes cambios se levou a cabo. O Concello continúa a traballar no novo contrato do transporte coa idea de poñelo a funcionar no ano 2022 .
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina da empresa
Notas
Categoría:Empresas de transporte de Galicia Categoría:Santiago de Compostela Categoría:Transporte na provincia da Coruña