Hermann Emil Fischer, nado en Euskirchen o 9 de outubro de 1852 e finado en Berlín o 15 de xullo de 1919, foi un químico alemán gañador do Premio Nobel de Química de 1902.
Traxectoria Fischer licenciouse na Universidade de Estrasburgo en 1872 e doutorouse en 1874. Os seus estudos concentráronse na química orgánica, especialmente nos principios activos do café, do cacao, do té, da cafeína e da teobromina. Estableceu a constitución dunha serie de compostos neste campo e tamén os sintetizou.
Os seus traballos máis famosos, porén, foron coas purinas e os azucres. Entre 1882 e 1906 os seus traballos mostraron que diversas substancias pouco coñecidas na época, como a adenina, a xantina, a cafeína, o ácido úrico e a guanina todas pertencían a unha mesma familia homoxénea, e poderían derivar unhas das outras. El previu en 1884 a existencia da purina, a substancia común aos compostos acima, e conseguiu sintetizala en 1898.
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1902 Autobiografía na páxina do Instituto Nobel 1902 Perfil de Hermann Emil Fischer en NNDB
Categoría:Químicos de Alemaña Categoría:Premio Nobel de Química Categoría:Nados en 1852 Categoría:Nados en Euskirchen Categoría:Finados en 1919 Categoría:Premios Nobel de Alemaña