Leo Esaki (en ), nado en Osaca o 12 de marzo de 1925, é un físico xaponés galardoado co Premio Nobel de Física no ano 1973.

Traxectoria Estudou física na Universidade de Tokyo, licenciándose en 1947 e doutorándose en 1959. Tras traballar como investigador na empresa Sony, en 1960 trasladouse aos Estados Unidos onde foi contratado no centro de investigación da empresa IBM Thomas J. Watson Research Center.

Investigacións científicas Interesado na mecánica cuántica realizou investigacións ao redor do efecto túnel sobre os semicondutores e superconductores, explicando o efecto do díodo de Esaki polo cal estudou o paso de electróns a través dunha barreira sólida sen deixar ningún rastro, reagrupándose despois na súa formación inicial. Esta teoría ten aplicacións actuais en electrónica, medicina e astronáutica.

No ano 1973 foi galardoado co Premio Nobel de Física, xunto con Ivar Giaever e Brian David Josephson, polos experimentos ao redor de semicondutores e supercondutores.

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Física 1973

Categoría:Premio Nobel de Física Categoría:Físicos do Xapón Categoría:Nados en 1925 Categoría:Nados en Osaca Categoría:Alumnos da Universidade de Tokyo Categoría:Premios Nobel do Xapón