Holywater é un grupo musical de Lugo a finais da década dos 90. Ten influencias de grupos como At The Drive-In ou Radiohead, e fan unha mestura de pop-indie con emo, cun son moi guitarreiro.

Traxectoria Formación e primeiros anos O xermolo foi a unión de Ricardo Rodríguez (guitarra, e voz) con Xosé Luis Saqués (batería) para gravaren uns temas en 1998. Pouco despois uníuselles Laura Romay ó baixo, coa que empezaron a tocar en directo e, pouco despois, entrou Martín Alonso, a segunda guitarra.

Con Astro Records No ano 2000 gañaron o concurso Galicia Cidade Única,entre máis de trescentas bandas. Nese momento Luis Casanova substituíu Xosé Luis na batería. O seu primeiro disco, Handle with Care, gravárono mercede ós cartos gañados no premio e ficharon por Astro Records, comezando a tocar por España, sendo abreconcertos de grupos como Suede, the Posies ou Hooverphonic.

No ano 2004 editaron Sides, froito dunha gravación en directo e se produce a marcha de Laura Romay que é substituída por Diego Castro. O disco tivo unha ampla repercusión en Holanda onde realizaron unha xira con dez concertos.

No ano 2007 gravaron Tranquility, que saíu ó mercado en abril de 2008 e se volve producir outro cambio ao marchar Diego Castro, e entrar Khatru. Tamén realizan o video-clip Last ulcer (goes off)”, realizado por Víctor Moreno, que foi premiado con Colección de Honor pola Federación Española de Profesionais de Fotografía e Imaxe. No mesmo ano, 2008, participaron na Rede galega de música ao vivo.

Con Ernie Records Fichan por Ernie Records e con eles publicaron os 3 seguintes discos: The Path to Follow (2010) no que participou Iago Lorenzo malia ter sido substituído na banda por Mito; Wasteland (2012) e Arboreal (2019). Este último presenta como novidade que se gravou en acústico e só estaba electrificado o baixo.

Discografía Handle with Care - 2002 (Astro Records) Sides - 2004 (Astro Records) Tranquility - 2008 (Astro Records) The Path to Follow - 2010 (Ernie Records) Wasteland - 2012 (Ernie Records) Arboreal - 2019 (Ernie Records)

Notas

Categoría:Grupos musicais de Lugo