180 px|dereita|miniatura|Linet Masai, nos mundiais de cross de 2008 Linet Chepkwemoi Masai, nada o 5 de decembro de 1989 en Mount Elgon, é unha atleta kenyana, especializada en longas distancias e cross.

Traxectoria profesional O seu debut internacional a gran nivel produciuse no seu país, cando se proclamou campioa do mundo de cross en Mombasa en 2007, na categoría júnior. Esa mesma tempada, nas finais mundiais da IAAF obtivo senllos cuartos postos en categoría absoluta, tanto na distancia de 3.000 como na de 5.000 metros en pista aire libre.

Nos mundiais de cross de 2008, celebrados en Edimburgo (Escocia), obtivo a medalla de bronce, xa en categoría absoluta. Ademais, conseguiu a prata por equipos coa selección kenyana.

Mellores marcas 3.000 m - 8'38"97 (2007) 5.000 m - 14'55"50 (2007)

Categoría:Atletas olímpicos de Kenya Categoría:Fondistas Categoría:Nados en Kenya Categoría:Nados en 1989 Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 2008 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2008 Categoría:Medallistas olímpicos de bronce por Kenya Categoría:Medallistas olímpicos en atletismo