Montpelier é a capital do estado de Vermont nos Estados Unidos. É a quinta cidade máis grande do Estado. O Instituto Culinario de Nova Inglaterra (the New England Culinary Institute) atópase en Montepelier.

Poboación

Por poboación é a capital de estado máis pequena dos Estados Unidos de América.

Historia Montpelier foi fundada pola Asemblea Xeral de Vermont no 14 de agosto 1781. O coronel Jacob Davis, foi un dos primeiros colonos europeos en establecer unha aldea alí, seleccionando logo o nome da cidade francesa de Montpellier. O nome é unha contracción de mont- outeiro, e peller- espido ou pelado. Davis tamén nomeou Calais pola cidade portuaria francesa do mesmo nome, é probable que a chamara Montpelier, porque existía un entusiasmo xeral polas cousas francesas como resultado da axuda de Francia durante a Revolución Americana

Xeografía

Altitude: 160 metros. Latitude: 44º 15' 36" N Lonxitude: 072º 34' 32" O

Categoría:Cidades de Vermont