Aureliano Linares Rivas, nado en Santiago de Compostela o 1 de xuño de 1841 e finado en Madrid o 31 de marzo de 1903, foi un avogado, xornalista e político galego. Foi ministro de Graza e Xustiza durante o reinado de Afonso XII e de Fomento durante a rexencia de María Cristina de Habsburgo-Lorena.

Traxectoria Licenciado en 1864 en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, iniciou a súa carreira política como deputado pola Coruña nas eleccións de 1872. Coa proclamación da I República afastouse da política e non retornou a ela ata a restauración monárquica. Obtivo novamente un escano pola Coruña nas eleccións de 1876 que repetiu nos sucesivos procesos electorais ata as eleccións de 1899, pasando en 1901 a ser nomeado senador por "Dereito Propio".

Foi ministro de Graza e Xustiza entre o 31 de outubro de 1883 e o 18 de xaneiro de 1884 no goberno que presidiu José Posada Herrera. Así mesmo foi Ministro de Fomento entre o 23 de novembro de 1891 e o 11 de febreiro de 1892 e entre o 14 de decembro de 1895 e o 4 de outubro de 1897 en senllos gobernos presididos por Antonio Cánovas del Castillo.

Tamén foi presidente do Consello de Estado e autor da obra La primera Cámara de la Restauración. Retratos y semblanzas (1878).

Vida persoal Era irmán do tamén político Maximiliano Linares Rivas. Foi pai de Manuel Linares Rivas.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Categoría:Ministros de España Categoría:Políticos de Galicia Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Senadores de Galicia Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Finados en 1903 Categoría:Nados en 1841