Patricia Conde Galindo, nada en Valladolid o 5 de outubro de 1979, é unha actriz, cómica, modelo e presentadora española.

Traxectoria É a mediana de tres irmáns e empezou a traballar como modelo aos 14 anos. En 1999, presentouse ó Certame de Miss España como Miss Palencia, e pouco despois empezou a traballar para a televisión. Comezou a destacarse no seus inicios como reporteira colaboradora do coñecido programa televisivo El Informal, denotando xa dende os seus inicios un gran sentido do humor e simpatía. Dende entón non parou a súa carreira na televisión, e tamén ten realizado traballos de actriz no teatro e películas. En 2007 recibe o premio Antena de Oro, xunto a Susanna Griso e Iñaki Gabilondo. Tamén recibe o premio como mellor presentadora de programas de entretemento nos Premios ATV 2007 xunto a Ángel Martín, co que presentou Sé lo que hicisteis... dende 2006 até 2011.

Véxase tamén

Categoría:Presentadores de televisión de Castela e León Categoría:Nados en 1979 Categoría:Nados en Valladolid