Frumario (tamén: Frumar ou en latín: Frumarius) foi un xefe militar suevo que sucedeu a Maldras como líder do exército suevo de invasión a Lusitania. Competiu con Requimundo, o xefe militar que dirixía aos suevos na Gallaecia, ata a morte de ambos no 463 cando volve herdar o fillo de Maldras, Remismundo.

Traxectoria Ante a ausencia de Remismundo, que cando morreu Maldras se atopaba nunha viaxe á Galia como embaixador, deuse un período de interregno de aproximadamente catro anos entre o 459 e o 463, cando volta Remismundo. Durante este tempo os suevos que antes recoñeceran a Maldras como rei foron dirixidos por Frumario e os que recoñeceran a Frantán seguiron a Requimundo mentres ambos os seus líderes loitaban polo trono.

Diplomacia co Imperio En 460, pola acción de dous nobres romanos, Ospinio e Ascanio, o exército visigodo que acosaba aos suevos de Frumario deuse a retirada. Máis tarde ese mesmo ano Frumario arrasou a cidade de Aquae Flaviae coa complicidade dos romanos. Capturou ao bispo e cronista Hidacio, manténdoo prisioneiro durante tres meses antes de ser liberado, grazas ás súplicas de Ospinio e Ascanio.

Morte e volta de Remismundo Tanto Frumario como Requimundo suponse que morren no 463. Remismundo, ao volver da Galia conseguiu que se lle recoñecera como rei de todo o pobo suevo. Isto ocorreu despois da morte de Frumario, pero os estudosos non están seguros do significado desa declaración. Conseguiu Frumario chegar a ser rei único? Ou Remismundo sucedeu inicialmente a Frumario só por unha parte da nación sueva? Ademais, para complicar as cousas, Remismundo ás veces é identificado como Requimundo.Thompson 1982, p. 167.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Lista de monarcas de Galicia Reino Suevo Lista de reis suevos Suevos

Categoría:Reis suevos Categoría:Reis de Galicia Categoría:Finados en 463