Na primeira edición da Copa Galiza de fútbol, celebrada en 2008, participaron oito conxuntos galegos.

Desenvolvemento

Participaron o equipo de primeira división (Deportivo da Coruña), os dous de segunda (Celta de Vigo e Racing de Ferrol), os tres de segunda B que non son filiais (CD Lugo, Pontevedra CF e CD Ourense), e mais os dous mellores de terceira división. A diferenza da edición anterior, os filiais quedaron excluídos da competición e, aínda que houbo catro setentrionais e catro meridionais, a distribución non se fixo en base a esas cotas de grupos. Porén, si que os emparellamentos se fixeron buscando a proximidade xeográfica.

Por outra banda, e tamén a diferenza da primeira edición, os partidos celebráronse nun sistema de eliminatoria a partido único, disputado sempre no equipo de inferior categoría ou no do que nese momento se atope peor clasificado en caso de compartiren a mesma división.

O campión foi o Celta de Vigo, que se impuxo ao Deportivo na quenda de penaltis, logo de rematar o encontro con empate a cero. A final disputouse en Ourense.

Resultados

2008 Categoría:2008 en Galicia Categoría:Fútbol en 2008