Rapaces de Dublín (en ) é unha novela de Jean Claude Alain escrita en francés co título orixinal de Les enfants de Dublín: Chornique irlandaise. Publicada orixinalmente en 1977, foi traducida ao galego por Raquel Villanueva e publicada en 1990 por SM.
Trama
A historia sitúase ó redor de 1900, na Irlanda que loita pola independencia do seu país fronte ós ingleses. Eamon parte da súa vila natal de pescadores cara a Dublín, xunto co seu amigo Christy, para vingar a morte do seu irmán Evie por man dos ingleses. Tras unha dura viaxe e despois de presenciar unha terrible situación por mor dos Black and Tan (Negro e leonado) chegan á capital e hospédanse na casa da señora Gruffy, que xa acollera a Evie. Xa establecidos, comezan a traballar. Os dous conseguen traballo nunha fábrica de cervexas, aínda que posteriormente Christy comeza a vender xornais na rúa. Así como o principal obxectivo de Eamon era vingar a morte do seu irmán, o de Christy era gañar cartos para comprar unha vivenda para poder compartila coa súa nai.
Eamon comeza a colaborar en distintas misións do Sinn Féin xunto con Paddy e Egan. Christy, mentres vende xornais, coñece a Peter que se acaba convertendo no seu mellor amigo e confidente.
Christy comete o erro de contarlle a Peter todo o que teñen pensado facer os republicanos irlandeses, entre os que se atopan Eamon, Paddy e Egan, contra os ingleses. Peter traizoa o seu amigo e conta toda a información ós ingleses. Por mor diso, vense truncados todos os seus plans, Egan resulta ferido e por último, detido. Finalmente, Christy confesa todo o que sospeitaba e que despois confirmou sobre Peter ós do Sinn Fein. Deixan que Peter se vaia pero facéndolle xurar que non repetiría nunca os feitos. Christy consegue trae-la súa nai e os ingleses e irlandeses asinan un pacto no cal Irlanda queda dividida en dúas metades.
O libro consta nove capítulos.
Personaxes Principais Eamon é un rapaz de quince anos que sofre a perda do seu irmán máis vello na guerra. Este feito é o que o leva a marchar a Dublín e loitar pola súa patria. Procede dunha familia pobre dunha vila costeira e cando marcha á cidade comeza a traballar nunha fábrica de cervexa. Christy, amigo de Eamon e procede da mesma vila. Marcha para Dublín co seu amigo en busca dun futuro mellor para el e a súa nai. Alí, primeiro traballa na mesma fábrica de cervexas pero despois vende xornais na rúa. É tímido e traballador. Paddy (Patric) fillo dunha familia que vive nos barrios pobres (slums) de Dublín. Pertence ao Sinn Féin para loitar pola liberdade do seu país e colabora facendo misións secretas.
Secundarios Señora Gruffy acolle a Eamon e Christy na súa estancia en Dublín. É a nai de Paddy, Sean, Bernardette, Millie e Dermot. É unha persoa xenerosa e preocúpase polos seus. Sean fillo máis vello da familia Gruffy. Traballa xunto co seu pai na fábrica de cervexa Guinness. Bernardette ten dezaoito anos e traballa nunha fábrica de tecidos. É a prometida de Egan. Peter é un home duns vinte e sete anos moi amigo de Christy, pero que ó final acaba por traizoalo. Vive nunha elegante casa. Evie irmán máis vello de Eamon que morre na guerra. Antes da súa morte, vivía en Dublín na casa da señora Gruffy. Era case coma un fillo para ela. Egan prometido de Bernardette, tamén participa no Sinn Féin. Resulta ferido polos ingleses nunha misión por culpa das confesións de Peter. Ó final lévano preso.
Categoría:Obras literarias de 1977 Categoría:Novelas en francés Categoría:Novelas ambientadas en Irlanda Categoría:Obras traducidas do francés ao galego