Campeche é un dos 31 estados mexicanos. Atópase no sueste da Federación, no oeste da península do Iucatán. Limita cos estados do Iucatán polo nordeste, Quintana Roo polo leste, Tabasco polo suroeste, e máis con Guatemala polo sur e Belize polo sueste. Polo oeste ten o golfo de México. A súa área é de 57.924 km², e a súa poboación de 822.441 habitantes (2010). A capital do estado é a cidade de San Francisco de Campeche, sendo tamén a máis grande. Dende o punto de vista físico, Campeche atópase nunha posición de transición entre a selva tropical do Petén guatemalteco e a selva baixa caducifolia do extremo norte da península do Iucatán.
Toponimia Existen diversas teorías acerca da orixe da palabra Campeche, por exemplo que podería vir do maia iucateca can pech, "cobra e carracha".
Outros indican que Campeche deriva das palabras kin que significa "sol" e pech, como xa se indicou, "carracha". Algúns supoñen que a este nome (kin pech) se lle pode agregar o prefixo ah que quere dicir "lugar" e en conxunto significaría "lugar do señor sol carracha".
Notas