Nilo Procópio Peçanha, nado en Campos dos Goytacazes o 2 de outubro de 1867 e finado en Río de Xaneiro o 31 de marzo de 1924, foi un avogado e político brasileiro, presidente do Brasil. Asumiu o goberno despois da morte de Afonso Pena e gobernou ata o 15 de novembro de 1910. Traxectoria
Terminou os estudos preliminares na súa cidade. Estudou na Facultade de Dereito de San Paulo e despois na de Recife, onde se formou. Iniciou a súa vida política elixíndose senador e despois gobernador do estado do Río de Xaneiro. Permaneceu nese último cargo ata o 1906 cando elixiuse vicepresidente de Afonso Pena. Coa morte deste, tornouse presidente.
Categoría:Presidentes do Brasil Categoría:Nados no estado do Río de Xaneiro Categoría:Nados en 1867 Categoría:Finados en 1924