O ext2 ou segundo sistema de ficheiros estendido foi o sistema de ficheiros padrón utilizado no sistema operativo Linux durante moito tempo e aínda hoxe. Foi deseñado inicialmente por Rémy Card, quen se baseou en conceptos do sistema de ficheiros estendido. É bastante rápido, tanto como para ser o padrón contra o que se realizan moitas probas de comparación (benchmarks). A súa principal desvantaxe é que non é un sistema de ficheiros con xornal. O seu sucesor, o ext3 si ten un xornal e é compatíbel co ext2.

Estrutura Grupos de bloques Cada bloque contén: Súper bloques Descritores do sistema de ficheiros Bitmap de bloques Bitmap de inodos Táboa de inodos Bloques de datos

Súper bloque Un súper bloques contén: Número de inodos Número de bloques Conta dos bloques reservados Número do primeiro bloque de datos Tamaño dos bloques Tamaño dos fragmentos Número de bloques por grupo Número de fragmentos por grupo Número de inodos por grupo Hora de montaxe Hora de escrita Conta das montaxes Conta máxima de montaxes Sinatura máxica Estado do sistema de ficheiros: válido (desmontado limpamente) ou erro Comportamento na detección de erros Nivel de revisión menor Hora á que se comprobou o ficheiro por última vez Tempo máximo entre comprobacións Usuario e ID do grupo por omisión para os bloques reservados

Inodos Un inodo contén: Modo do ficheiro: permisos de lectura, escrita e execución ID do propietario Tamaño do ficheiro en bytes Hora do último acceso (atime) Hora de creación (ctime) Hora de modificación (mtime) Hora de eliminación (dtime) ID do grupo Conta de ligazóns Conta de bloques Bandeiras Bloques empregados Bloques directos Bloques indirectos Bloques indirectos dobres

Directorios Un bloque contén unha lista de números de inodos e nomes de entradas de directorios.

Ficheiros Simplemente un grupo de bloques. O número de bloques armacénase no inodo do ficheiro. Non hai número máxico ou semellante, son só bloques crus de datos.

Vínculos Vínculos duros e brandos

Ficheiros especiais Créanse con mknod: ficheiros especiais de bloque e de carácter FIFOs

Véxase tamén Comparación entre ficheiros de sistema

Ligazóns externas Ext2fs Home Page

Categoría:Sistemas de ficheiros