Malice Mizer (マリス・ミゼル; Marisu Mizeru) foi unha banda xaponesa de grande éxito, activa dende agosto de 1992 ata decembro de 2001, e que promoveu o movemento visual kei (estilo visual literalmente traducido) Creada por Mana e Közi.

Membros Klaha- Vocalista (terceira xeración). Actualmente traballa en solitario Mana- Guitarra e sintetizadores. Trala disolución de Malice Mizer, Mana funda o seu proxecto Moi dix Mois, no que permanece na actualidade Közi- Guitarra e sintetizadores. Forma parte de EVE OF DESTINY, e traballa en solitario Yu~ki- Baixo. Kami- Batería e percusión. Falecido o 21 de xuño de 1999 mentres formaba parte de Malice Mizer. Nunca foi substituído oficialmente. Nos créditos dos seguintes álbums aparecía como " o integrante eterno"

Antigos membros TETSU- Vocalista orixinal (primeira xeración). Despois de Malice Mizer estivo en MEGA8BALL, Zigzo e nil (banda na que participa actualmente) Gackt- Vocalista (segunda xeración) e piano. Traballa en solitario e dende 2007 forma parte de S.K.I.N. GAZ- Batería

Membros auxiliares 愁(oxalic)- Batería. Entrou para suplir a falta de Kami. Non participaba nos concertos.

Categoría:Grupos musicais do Xapón Categoría:Grupos musicais de rock