Xosé Ignacio Vilar Díaz, coñecido como Ignacio Vilar, nado en Petín en 1951, é un director galego de cinema.AVG. O soportal do audiovisual galego CCG.
Traxectoria Produtor, director, guionista, aos dezaoito anos trasladouse a Barcelona, onde estudou cine, montaxe, dirección de actores, rodaxe de documentais e curtas. Alí comezou un proxecto de difusión de cinema polos barrios de Barcelona, e tamén polas vilas de Cataluña. Tamén foi profesor de cine a primeiros dos 80, na obra social da Caixa de Pensións de Cataluña.
En 1989 gañou o Carlos Velo polo guión "Ollo Birollo", volveu a Galicia e montou a produtora Vía Láctea Filmes, coa que dirixe curtas en 35mm, documentais e series documentais para televisión.
Filmografía Ilegal (2002) Un bosque de música (2003) Pradolongo (2008) Vilamor (2012) A esmorga (2014) Sicixia (2016) María Solinha (2020)
Curtametraxes
Edipo e Techné (1997) O cambio (1997) Disonancias (2000)
Documentais Polisóns (1999) A aldea: o antigo e o novo (2000) Pintores da vangarda histórica Galega (2000). TV- Sempre Xonxa en Petín (2005)
Guións
Aura 1964 (2021). Vigo: Galaxia. 180 páxs. ISBN 978-84-9151-718-4.
Galardóns e nomeamentos Premios Mestre Mateo Ano Categoría Filme Resultado2002Mellor guiónIlegalFinalistaMellor dirección de produciónIlegalFinalista2008Mellor directorPradolongoFinalista2014Mellor directorA esmorgaFinalistaMellor guiónA esmorgaFinalista
1989: Premio Carlos Velo para guións de longametraxe, convocado pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia. 2001: Polisóns recibiu o Premio “Lobo de Cinema” ó mellor documental 2015: Finalista Premios Goya en Mellor guión adaptado (compartido) por A esmorga. 2015: Mellor director no Toulouse Cinespaña por A esmorga. 2016: Finalista no Premio Días de cine en Mellor filme español por A Esmorga. 2016: Festival internacional de Xixón, finalista ao mellor filme por Sicixia. 2016: Finalista Violette d´Or por Sicixia.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Vía Láctea Filmes
Categoría:Directores de cinema de Galicia Categoría:Nados en Petín Categoría:Nados en 1951 Categoría:Premios da Cultura Galega