miniatura|dereita|250px|Q. Matsys, O cambista e a súa muller, Museo do Louvre, París. Quentin Matsys (escrito tamén Quinten ou Kwinten, e Massys, Matsys ou Matsijs), nado en Lovaina en 1466 e finado en Anveres o 4 de setembro de 1530, foi un pintor flamengo, fundador da Escola de Anveres.

Traxectoria Naceu na cidade de Lovaina, onde aprendeu a ser forxador. Moi logo entrou en contacto co pintor Dieric Bouts, quen o ensinou e puxo en coñecemento da obra de Memling e van der Weyden, de quen recibiu influencias. Con 25 anos marchou a Anveres, e a súa arte contribuíu a renovar a pintura fiamenga, a partir dos supostos de van Eyck e van der Weyden.

Matsys, ademais da súa vasta produción de temática relixiosa, tivo sona como retratista e entre as súas obras nese campo lémbranse: Retrato dun vello (1513), O cambista e súa muller (1514), o máis reproducido dos seus cadros, e A duquesa fea (1515).

Categoría:Pintores de Flandres Categoría:Nados en 1466 Categoría:Nados na provincia do Brabante Flamengo Categoría:Finados en 1530