CocoRosie é un dúo musical norteamericano formado en 2003.
Traxectoria Estilisticamente poderíase clasificar a súa música como indie rock, indie electrónico ou "dream pop". Caracterízanse por un uso da voz rasgada e despreocupada e de sintetizadores que ás veces se reducen a simples sons de xoguetes infantiles. Os seus membros, Bianca e Sierra Casady, son irmás. Ámbalas dúas son vocalistas. Sierra toca a guitarra e a frauta, mentres que Bianca se encarga da percusión.
As dúas irmás naceron en Nova York, pero creceron separadas. Encontráronse en París en 2003 e gravaron xuntas o seu primeiro álbum: La Maison de mon Rêve, que viu a luz no 2004 co selo Touch and Go Records. Durante o 2004 non pararon de dar concertos nos Estados Unidos e Europa, xiras nas que tocaron con grupos como TV on the Radio, Bright Eyes ou Devendra Banhart.
Discografía Álbums La maison de mon rêve - 2004 (Touch and Go/Quarterstick Records) Noah's Ark (13 de setembro de 2005, Touch and Go/Quarterstick Records) The Adventures of Ghosthorse and Stillborn (10 de abril del 2007, Touch and Go) Grey Oceans - 2010 Tales of a GrassWidow - 2013 Heartache City - 2015 Put the Shine On - 2020
Ep's Beautiful Boyz (14 de setembro de 2004, Touch and Go/Quarterstick Records) Coconuts, Plenty of Junk Food (2009)
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial
Categoría:Grupos musicais dos Estados Unidos de América Categoría:Bandas de mulleres